mércores, 17 de abril de 2024

Intercambio de libros. En abril...Libros mil


Onde?

Biblioteca

Cando?

Cambio libros por vales: xoves 18, venres 19 e luns 22 de abril, durante os recreos.
Cambio vales por libros: martes 23 de abril, día do libro.

A quen?

Ao profesorado de garda da biblioteca ou alumnado voluntariado de biblioteca.

Como?

Trae un ou máis libros en bo estado.
Recibirás un vale por cada libro que entregues.


Lembra traer o vale o martes 23.

Importante!

Os libros deben estar en bo estado.

Podes traer cantos libros queiras.

Os cheques só poden ser usados o próximo día 23.

sábado, 2 de marzo de 2024

II Semana da Saúde. Marzo 2024



PROGRAMA II SEMANA DA SAÚDE (18- 22 MARZO 2024) 

LUNS 18 MARZO 

Adolescentes saudables  tecnolOxicamente

2º ESO 

1º e 2º FPB

10:45 – 11:45 

Usos  

múltiples

ASOCIACIÓN ÉRGUETE


Adolescentes saudables  tecnolOxicamente

3º ESO 

11:45 – 12:45

Usos  

múltiples

ASOCIACIÓN ÉRGUETE


Adolescentes saudables  tecnolóxicamente

1º ESO 

12:45 – 13:45 

Usos  

múltiples

ASOCIACIÓN ÉRGUETE


Familias saudables  

tecnolóxicamente

Comunidade  

educativa

16:30 - 17:30 

Biblioteca

ASOCIACIÓN ÉRGUETE


MARTES 19 DE MARZO 

Adiccións con e sen  

substancias

4º ESO 

1º Bacharelato

10:45 – 11:45 

Usos  

múltiples

Manuel Isorna Folgar, profesor da UVI e psicólogo especialista en adiccións


Adiccións con e sen  

substancias

Comunidade  

educativa

16:30 - 17:30 

Biblioteca

Manuel Isorna Folgar, profesor da UVI e psicólogo especialista en adiccións


MÉRCORES 20 DE MARZO 

Tabaco e vapeadores, os  nosos peores inimigos.

1º ESO 

09:35 – 10:25 

Usos  

múltiples

Soraya Valverde Costas e Raquel Mª Hernández Rodríguez - Consellería de Sanidade


Apuntámonos a non beber 

2º ESO B 

10:25 – 12:25 

2º ESO B

Cristina Valverde González, Teresa Álvarez de Lis e Silvia Rey Seijo – Servizo de Alertas  Epidemiolóxicas, Consellería de Sanidade


XOVES 21 DE MARZO


Tabaco e vapeadores, os  nosos peores inimigos.

3º ESO 

09:35 – 10:25 

Usos  

múltiples

Soraya Valverde Costas e Raquel Mª Hernández Rodríguez - Consellería de Sanidade


Tabaco e vapeadores, os  nosos peores inimigos.

2º ESO  

1º/2º FP Básica

10:25 – 11:15 

Usos  

múltiples

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas - Consellería de Sanidade





Día de Rosalía de Castro


 

martes, 30 de xaneiro de 2024

VI Certame de Relatos Breves Montenegro

Xa comeza o VI Certame de Relatos Montenegro.

Podes acceder a toda a información pulsando na imaxe.


O Noso Grove

  


SÁBADO 13 DE XANEIRO DE 2024

 

Aparecen restos humanos nunha praia do Grove

 

O Grove / M. Peña 12/01/2024 21:37 H.

 

O alumnado do IES Monte da Vila atopou onte nunha praia do Grove unha man humana mentres participaba nunha recollida de bólas de plástico nos areais do concello.

Unha das docentes alertou a Garda Civil tras comprobar o estado do membro, que presentaba signos de violencia e descomposición e que apareceu entre as crebas que o mar deixara na area.

 

Os axentes efectuaron o traslado ao Instituto de Medicina Legal de Pontevedra, onde se practicou unha autopsia. Segundo fontes da investigación, a man non tiña pegadas dactilares, o que fai pensar que foron borradas intencionadamente para dificultar a identificación da vítima. Ademais, presentaba unha tatuaxe dun ollo dentro dun triángulo, un símbolo asociado a sociedades secretas e ocultistas.

 

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a orixe dos restos humanos.


Concurso de Fotografía

                       
BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 1.    O concurso está aberto ao alumnado pertencente e matriculado no centro e con acceso á aula virtual.

 2.   A participación no concurso será a través da aula virtual onde hai que automatricularse na categoría correspondente. (No Departamento de Debuxo podedes acceder ao curso Concurso de Fotografía. 

3.    Establécense as seguintes categorías:

·   Categoría A: 1º e 2º de ESO.

·   Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

·   Categoría C: Bacharelato e Ciclos formativos.

 

4. Cada avaliación haberá un concurso de fotografía con tres temas.

 

5. Pódese participar en calquera delas ou nas tres, cun máximo de 4 imaxes por tema.

 

6.  As imaxes presentaranse en formato jpg co nome do autor e número de fotografía no caso de presentar máis dunha.

 

7. As datas de entrega e os temas de cada trimestre indicaranse nos carteis expostos  nos corredores do instituto.

 

8. Premios: 

Por cada categoría o xurado escollerá unha ou máis fotografías gañadoras.

-  As persoas que as fixeran obterán un almorzo na cafetería e unha excursión ao final de curso.

- As fotografías gañadoras participarán nunha exposición de final de curso.




luns, 22 de xaneiro de 2024

Flores Anónimas




Queremos presentarvos esta bonita iniciativa das alumnas  Irene Casal, Julia Crespo, Noa Iglesas, Zaira Miniño, Lorena Navarro, Candela Torres, de 1º Bacharelato de Artes: rosas e tulipáns para unha persoa querida. 

                                  

Aínda acaba de comezar e xa son moitas as persoas que veñen de depositar a súa tarxeta na caixa de encargas de flores. 

O día 9 será moi especial para todos e todas.