venres, 20 de abril de 2018

Historias de biblioteca

Que hai na nosa biblioteca?
Un grupo de alumnas e alumnos do noso IES puideron comprobar que, ocultas entre os andeis, hai historias que esperan ser contadas. Eles atoparon algunhas e, para mostralas, crearon estes vídeos. 
O primeiro foi realizado por Sofía Aguín, Miriam Álvarez e Aitana Castro de 2º ESO A1

 

O seguinte vídeo foi elaborado por Sofía Costas, coa colaboración na voz de José Couso, de 4º ESO B.



Este terceiro vídeo creárono Manuel Álvarez, Aiora Billalabeitia e Andrea Galego, todos eles de 2º ESO A1


Quen de vós se anima a buscar máis historias?


Parece que alguén máis se animou con isto das historias. Sandra Aris, de 4º ESO B tamén atopou algo que contar dentro da Biblioteca 

 

Club do cómic: El fantasma de Anya



 



















O venres, 13 de abril, tivemos a segunda xuntanza do club de lectura de cómic. Nesta ocasión a obra que elexiramos fora "El fantasma de Anya", de Neil Gaiman, pero, como hai lectores tan ávidos, tamén falamos doutra obra do autor: Coraline.

Aquí podedes botar unha ollada ao tráiler de "Los mundos de Coraline".







Compartimos impresións, o que máis nos gustou, nos chamou a atención e, para dentro dun mes, acordamos que iamos falar de "Aquel verano" das autoras Jillian Tamaki, Mariko Tamaki. 




Animádevos a asistir e, como non, a buscar e desfrutar desta lectura!