domingo, 24 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.





Para conmemorar o día do nacemento da nosa escritora máis recoñecida, queremos compartir estes vídeos de dous dos seus poemas.








POEMA CASTELLANOS DE CASTILLA de Rosalía de Castro en versión MALAMENTE de Rosalía da cantautora MJ Pérez




NEGRA SOMBRA. LUZ CASAL E CARLOS NÚÑEZ


A XUSTIZA POLA MAN. NAO


ENCONTROS CON JOE ÁLAMO

O venres 22 de febreiro o alumnado do IES Monte da Vila recibiu con especial gratitude ao escritor Joe Álamo, autor do libro Tom Z Stone.



Esta novela trata sobre unha historia de misterio protagonizada por un zombie ‘reanimado’ chamado Tom que investiga un caso que comeza cunha infidelidade, que levará ao protagonista ata o límite das súas capacidades e a sentirse persoa grazas á súa secretaria Mati. O peculiar desta obra é a existencia duns seres denominados “reanimados”, persoas que no día do F.R. (Fenómeno de Reanimación) volveron á vida desde a morte, coma zombies.

O autor, inglés de nacemento, centrou a súa conferencia nos seus espectadores, pois desde o Departamento de Debuxo do Centro propúxose a creación dun proxecto artístico relacionado coa súa obra, "Libros de artista". O escritor pretendeu descifrar as causas que levaron aos seus lectores a crear as súas obras e cales foron as súas fontes de inspiración.


A sesión comezou co agradecemento por parte de Joe ao instituto por convocalo e traelo até aquí (traxecto que realizou en avión, ao que lle ten algo de pánico). Admitiu que para el era unha gran honra estar alí grazas ao recoñecemento dalgunha das súas obras.

Sobre a súa personalidade e o seu camiño no mundo da escritura, Joe empezou a escribir aos 46 anos, cando unha revista publicou un dos relatos curtos que el lle mandara previamente sen moitas esperanzas de resposta. Por esta pequena publicación, Joe recibiu boas críticas polo que continuou escribindo varios relatos até que publicou as súas propias obras. A primeira delas foi O Enviado en 2007, mentres que Tom Z. Stone foi a súa terceira obra e publicouse en 2011.

Para esta última obra a editorial propuxéralle facer un libro de ‘zombies’. Joe non é un gran amante dos ‘zombies’, polo que decidiu darlles outra connotación creando o FR e representando a discriminación á que está sometida algunhas persoas sen ningunha razón, salvo os prexuízos.

A medida que se ía desenvolvendo a charla, os alumnos e alumnas describían os seus proxectos, que impresionaron consideradamente a Joe, quen quedou totalmente abraiado; durante estas explicacións Joe resolvía dúbidas do alumnado. O autor admitiu que o personaxe de Tom estaba baseado en certo modo na súa figura, pois ambos se mudaron de Londres a Valencia, gústalles ir aos bares e ademais comparten afeccións como fumar (aínda que actualmente Joe xa non fuma coma antes). Ademais, revelou que as personaxes que aparecen na novela, moitas delas, son representación dos ‘sabios dos bares’, é dicir, das típicas persoas que están na barra do bar e sempre teñen razón porque saben todo de todos os temas posibles.

Outros elementos da obra, como que a vida dos reanimados durase tan só catro anos débese á influencia que as películas provocan nel (Joe é un gran afeccionado ao cine). Neste caso eses catro anos de vida relaciónanse cos mesmos que posúen ‘os replicantes’ en Blade Runner. En relación a isto último, a vida dos nenos reanimados é máis curta debido a que Joe ten unha gran dificultade á hora de falar de nenos ou abusos, polo tanto “mátaos para non sufrir”.

Non obstante, o máis importante da súa obra, segundo el, é facer crer ao lector que Tom Z realmente pode existir e que o día do FR pode darse e, de feito, sucedeu e por iso agora estamos rodeados de zombies. Para conseguir isto o lector ten que crearse unha imaxe dos zetas, sobre todo, de Tom. Polo que o autor lle dá unha voz propia a Tom, é dicir, unha forma característica de falar, que se basea en dicir o que pensa, incluíndo tacos ou expresións malsoantes.

A pesar de que este encontro trataba sobre a obra de Tom Z. Stone, ademais de deixar claro que é un fantástico escritor, Joe Álamo, amosou os seus valores que realmente son os que o levaron a ler tanto e agora a ter éxito no ámbito da literatura e que fan del unha persoa fascinante.


Moitas grazas Joe Álamo.


Reseña de Daniel Pazos de 2º bacharelato A




Vídeo de Brais Míguez de 2º bacharelato A

xoves, 21 de febreiro de 2019

DEBUXO CREATIVO CON MANEL CRÁNEO

 O xoves, 21 de febreiro, Manel Cráneo visitounos para axudarnos a expandir os nosos intereses artísticos co debuxo.

 Primeiro, deu unha clase para o Club de Lectura do Cómic sobre iniciación á banda deseñada na que Manel nos falou sobre a historia que acompaña a este tipo de ilustracións e deunos claves para poder crear as nosas propias ilustracións mellor do que o faciamos. 


Tras isto, o artista reuniuse cos alumnos de Técnicas Gráfico Plásticas para dar unha clase bastante diferente a anterior sobre Sentidos Debuxados. Esta vez os alumnos exploraron o debuxo e a imaxinación desde distintas perspectivas creativas co fin de comprender que as artes son un pilar fundamental na educación, e incluso no noso día a día, ao igual que o son as linguas e as matemáticas. Esta foi unha mensaxe que calou no alumnado nesta charla tan creativa.

Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B


Vídeo de Brais Míguez de 2º Bacharelato A


INVISIBLES. RELATOS DO MALTRATO



Invisibles :

Un día tal como hoxe, mércores 20 de febreiro,
visitounos no instituto Montse Fajardo, autora de tres libros entre os que se encontra Invisibles.

A maioría de nós entramos na sala pensando que Montse falaría principalmente do seu libro, pero foi moito máis que iso.
 

Ela explicounos como foi escribir unha obra tan sensibilizadora  e tratar coas vítimas de maltrato das que fala Invisibles e doutras.

Montse afondou nas historias ata transportarnos a esas historias de terror que moitas mulleres e nenas viven día a día.

Falounos de como non existe un perfil de muller maltratada, de como o maltrato non é só levar unha malleira, de como a muller non é sempre a única vítima dado que moitas delas teñen fillos e de como o sistema non sempre é todo o efectivo que debería ser.





 Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B



Vídeo elaborado por Brais Míguez, alumno de Imaxe e Son de 2º Bacharelato A

luns, 18 de febreiro de 2019

CERTAME LITERARIO DE RELATOS MONTENEGRO. DOMINGO VILLAR


CERTAME LITERARIO DE RELATOS MONTENEGRO 2019

Xénero: Relatos breves de temática negra baseados na nova “Lúa de sangue” (ver máis información máis abaixo).

Trátase dunha homenaxe á obra de Domingo Villar A praia dos afogados.

Convoca: IES Monte da Vila do Grove (Pontevedra).
_____________________________________________
Bases:
1.  O concurso está aberto a calquera persoa, podendo participar en calquera das seguintes categorías segundo as súas circunstancias:
•    A: 1º e 2º de ESO.
•    B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
•    C: Bacharelato e Ciclos formativos.
•    D: Calquera persoa maior de 18 anos.

3. Os textos estarán escritos en galego, con letra Times New Roman, tamaño 14, cun máximo de 2000 palabras.

4.  Serán orixinais e inéditos, e basearanse no suceso reflectido na nova “Lúa de sangue” que figura máis abaixo. Tamén se achega un “arquivo policial” que contén as fotos de diferentes obxectos atopados no lugar que poden (ou non) resultar relevantes de cara ao desenvolvemento do relato. É dicir, os participantes poderán usar de xeito completamente libre o suceso, as circunstancias e indicios que o acompañan.

5.  A data límite de recepción de traballos é o 20 de marzo ás 23:59h.

6. Premios: os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán  un lote de libros, incluída a última novela de Domingo Villar dedicada polo autor, e un Diploma como recoñecemento aos méritos das obras premiadas. Os finalistas de cada categoría tamén recibirán un diploma acreditativo e unha obra de Domingo Villar dedicada.

7. Xurado: Estará composto por membros do corpo docente  e persoal da Biblioteca Municipal do Grove. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

8. Os premios entregaranse o xoves 4 de abril na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove.

9. Os relatos dirixiranse ao correo electrónico: bmontedavila@gmail.com. Enviaranse dous documentos, o de inscrición cos datos solicitados, e o relato, no que se incluirá ao comezo só o título (ningunha referencia ao autor ou autora).

Calquera consulta ou dúbida poderá dirixirse ao profesorado da biblioteca ou ao correo electrónico citado anteriormente.


venres, 15 de febreiro de 2019

TRALAS PROBAS DO CRIME

XA TEMOS AS PROBAS DO CRIME POLOS CORREDORES DO CENTRO. 


HAI QUE IR PREPARÁNDOSE PARA ESCRIBIR SOBRE O QUE PASOU!!!!!!!








Club do Cómic


Hoxe tivemos unha nova reunión do club do cómic porque tiñamos que ir preparándonos para a visita de Manel Cráneo. 


Cantas ganas temos xa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




xoves, 14 de febreiro de 2019

II FESTIVAL MONTENEGRO



II FESTIVAL MONTENEGRO

ARTE E NOVELA NEGRA

Pimeiras Xornadas do 20 ao 22 de febreiro

Mércores 20 de Febreiro


IES MONTE DA VILA ao longo da mañá e dirixido ao alumnado de bacharelato.


Montse Fajardo: Presentación do libro e encontro coa autora do libro “Invisibles” sobre a violencia de xénero.

Xoves 21 de febrero


IES MONTE DA VILA ao logo da mañá e dirixido ao alumnado.

Manel Cráneo: Obradoiros de Ilustración en banda deseñada e Sentidos debuxados.


Venres 22 de febrero


IES MONTE DA VILA ao longo da mañá e dirixido ao alumnado.


Joe Álamo: presentación do libro e encontros co escritor da novela negra “Tom Z. Stone”

CASA DAS CUNCHAS: as 18:00


Inauguración da exposición Libros de artista coas obras plásticas feitas polo alumnado de Volume e TEGP do Instituto Monte da Vila, vinculadas á triloxía Tom-Z.

 

Joe Álamo: Encontro co autor e presentación do seu libro Tom Z. Stone.

 

Entrega de premios do concurso de relato corto FR e lectura dos relatos gañadores.


luns, 11 de febreiro de 2019

PAPIROFLEXIA. PABLO VILLANUEVA

O pasado venres 1 de Febreiro, puidemos gozar na Biblioteca da terceira sesión de Etiquefásss!!??

Pablo Villanueva, como un gran experto en papiroflexia, puxo todo o seu empeño en ensinarnos a facer un dragón e fomos conscientes de que iso de dobrar papel, non é tan fácil como parece.

 Estade atentos ao taboleiro da entrada da Biblioteca para ver cal será a próxima sesión.
Grazas aos que se animaron a probar.





Grazas Pablo por esta sesión de papiroflexia. Grazas tamén ao alumnado da materia de Imaxe e Son que realizou estes dous vídeos para que gardemos un bo recordo.




O Club de Amber

A alumna de 3º ESO Andrea Galego Muñiz, que forma parte do voluntariado da nosa biblioteca, vai coordinar a partir de mañá un novo club de lectura.


Este primeiro encontro xirará arredor do libro Niebla de Andreas Pflüger.
Animádevos a vir!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


"Hace cinco años perdió la vista.
Entonces pensó que era el peor día de su vida.
Pero estaba equivocada.El peor día de su vida es hoy.

En su vida anterior, Jenny Aaron fue detective de un grupo especial de la policía alemana, una unidad de élite tan secreta que nadie puede solicitar entrar: ellos te eligen a ti. Pero, tras una arriesgada misión fallida en Barcelona, Jenny quedó ciega.


Cinco años después, Aaron recibe una llamada: sus antiguos colegas de Berlín la necesitan. Reinhold Boenisch, un asesino en serie al que ella envió a prisión, ha matado a la psicóloga de la cárcel. Jenny decide aceptar el caso y afrontar su pasado. Pero Boenisch es solo el principio. El reloj se ha puesto en marcha y sus enemigos la tienen en su objetivo. Aaron no puede ver, pero sigue siendo lo que siempre ha sido: una brillante investigadora y, sobre todo, una mujer con voluntad de hierro. Pronto se da cuenta de que lleva toda su vida preparándose para las próximas 36 horas. Y de que si quiere sobrevivir tendrá que luchar con todas sus fuerzas"