martes, 28 de maio de 2019

NOVIDADES

Xa podedes disfrutar das nosas novidades de manga. 

Son as adquisicións que fixeron os alumnos e alumnas do club de lectura no seu día de compras.





mércores, 22 de maio de 2019

O CLUB DO CÓMIC VAI DE COMPRAS

Que boa tarde pasou o alumnado do club do cómic e a profesora Ángeles de compras nunha librería do Grove. 
As novas adquisicións para a sección do cómic da nosa bibilioteca chegan da man deste gran grupo de lectores e lectoras de banda deseñada.
  Unha gran experciencia!!!!






xoves, 16 de maio de 2019

EXPOSICIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O alumnado de 3º da ESO, en homenaxe a Antón Fraguas, realizou uns fantásticos traballos sobre os oficios do Grove. Amosamos aquí unha mostra deles.

luns, 6 de maio de 2019

POR UN SORRISO

Campaña de recollida de libros, material escolar e cepillos e pasta de dentes para colaborar coa ONG "Por una sonrisa". O proxecto actual é a construcción dunha escola en Gambia. 

Recollida ata o 16 de maio.




mércores, 1 de maio de 2019

FÍO E AGULLA, TECENDO HISTORIAS




Tanto o alumnado de segundo de bacharelato do IES Monte da Vila como os de 1º da  ESO do IES As Bizocas foron elixidos para o proxecto Fío e Agulla, tecendo historias, que quixo acercar o alumnado ao mundo da arte e así recuperar e poñer en valor a memoria das redeiras. Con ese obxectivo estiveron varias semanas traballando, indagando entre as súas familias para encontrar persoas que practicaron este oficio e diseñando obras, vídeos e collages. A exposición inaugurouse o día 26 de abril na Sala das Cunchas do Concello O Grove.

As coordinadoras do proxecto, Paula Cabaleiro e Alexandra Rodríguez acudiron ao noso centro para explicar en que consistía o traballo das redeiras e amosarlle artistas que puideran inspirar as súas obras. Nunha terceira sesión o alumnado coñeceu a unha redeira de verdade, dona Trina, que lles contou, na nosa biblioteca, en detalle en que consistía o traballo que desempeñou durante toda a súa vida.



Vídeo elaborado por David Fandiño Dovalo, Brais Míguez Figueiras e Daniel Agrelo Arenas.





 



Vídeo elaborado por Aarón Blanco Meis, Antonio Nicolás Lois Sanmartín e Daniel Pazos Parada


Vídeo elaborado por Andrea Padín Casas e Andrea Ochoa Figueiro