martes, 24 de marzo de 2020

CAMIÑANDO SOBRE O MAR



O pasado martes día 3 de marzo, alleos a todo o que estaba por vir, o club de ciencias gozou da súa última xuntanza previa ao período de contención.
Como sempre, a sesión comezou abordando as cuestións mais teóricas de forma conxunta pero, nesta ocasión Ricardo tiña unha sorpresa para nós. “Se como lentellas tódolos luns e hoxe comín lentellas, quere dicir que é luns?” Entorno a esta cuestión pasamos un bo rato analizando cada palabra e aprendendo a utilizar a lóxica para ser un pouco mais excelentes! 




A partir de aquí, unha secuencia de vídeos curtos deixaría entrever o que nos íamos atopar en breves instantes no laboratorio. Sabiades que existen insectos que son capaces de camiñar sobre a auga? O mesmo fundamento científico que explica este fenómeno tamén xustifica que nos custe mais entrar na auga da piscina cando nos tiramos en plancha, aínda que a diferenza é evidente: nós pesamos mais!

Xa no laboratorio dedicamos varios experimentos a comprobar a tensión superficial da auga: 1) facendo flotar obxectos máis densos que a propia auga (como un clip de aceiro); 2)  impedindo que caia a auga contida nun vaso posto boca abaixo e recuberto dunha tela con buratos; e 3) engadindo obxectos dentro dun vaso que estaba totalmente cheo de auga. Por outra banda, tamén engadimos xabón ao vaso no que fixéramos flotar o clip para observar como se rompe a tensión superficial provocando a caída do clip ao fondo do recipiente.








A segunda parte da xuntanza no laboratorio dedicámola a comprobar as propiedades de fluídos non newtonianos: tecnicamente empregamos fariña de millo e auga para analizar como se comporta a mestura cando a manipulamos con rixidez ou con suavidade. Sen embargo, estou segura de que tódolos membros do club de ciencias alí presentes estarían de acordo en afirmar que, o término mais axeitado para definir o que fixemos no laboratorio é XOGAR. Experimentamos xogando co fluído non newtoniano e demostramos, unha vez mais, que a ciencia pode ser divertida. 









Moi bo traballo!
Dende a organización do club de ciencias desexámosvos a mellor das sortes neste período que nos tocou vivir! Moito ánimo e esperamos volver pronto con mais ideas e mais ciencia!



sábado, 21 de marzo de 2020

Aprendemos na casa


RTVE lanza "Aprendemos en casa", unha iniciativa par facilitar a aprendizaxe  de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais. 

É unha programación impulsada polo MEFP para axudar, especialmente ao alumnado socialmente máis vulnerable.

Con 5 horas de programación educativa, está dirixido a estudantes entre 6 e 16 anos e emitirase en aberto desde o luns 23 de marzo, de 9:00 h. a 14:00h. nas canles Clan TV e La 2.


Ademais, os nenos e nenas entre 3 e 10 anos que dispoñan de acceso a internet, poden acceder a Educlan, unha web con contenidos dixitais educativos.

Aquí tedes os horarios das materias nas diferentes franxas horarias:



Para máis información podedes acceder á páxina do Ministerio de Educación y Formación Profesional



Xa podes acceder ao blog Montenegro para ver as primeiras entradas do Festival. 

A pesar do coronavirus, algo logramos facer!!!

Aulas Galegas

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.


Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.

A intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Para o alumnado e as súas familias publicaranse cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiranse contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.


Para o profesorado crearase unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.
Estamos na casa pero non estamos parados.
A educación en galego continúa.
 Preme aquí para acceder 

Biblioteca Dixital Mundial



A UNESCO TIVO O GRAN DETALLE DE COLGAR NA INTERNET O ACCESO Á BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL. AQUÍ TEDES A LIGAZÓN QUE ME ENVIARON PARA QUE PAIS E HIJOS POIDAN APROVEITAR O TEMPO CULTURALMENTE!!! QUE GOCEN E XA SABEN: 

QUEDATE EN CASA!! QUE REGALAZO DA UNESCO PARA A HUMANIDADE ENTEIRA! Especialmente para OS MOZOS E MOZAS. 


Xa está dispoñible en Internet


Reúne mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta. 


É fácil de navegar

martes, 3 de marzo de 2020

ANALIZANDO O MAR

O pasado día 11 de febreiro o club de ciencias tivo a oportunidade de facer a súa primeira saída do centro para visitar os laboratorios Mytilus, Amegrove. A continuación, tres das nosas alumnas describen a súa visión da experiencia.

Texto redactado por Abigail, Edurne e Lúa (2ºESO)

La excursión al laboratorio mytilus consistió en visitar primero el laboratorio físico-químico. Nos enseñaron los procesos de incubación (media hora cada proceso), nos enseñaron las campanas extractoras de humos, las balanzas de una precisión de hasta cuatro decimales y los pH-metros también muy precisos. Además, nos explicaron que ellos analizan muestras de agua y de molusco para verificar si tienen toxina y que tienen marcados los polígonos por A y B,:A significa que no tiene que ser depurado y B que sí que necesita ser depurado. 
Después, nos enseñaron el laboratorio de microbiología, donde nos mostraron las diferentes estufas para incubar los caldos a distintas temperaturas, y el funcionamiento de la pipetas. Nos explicaron que cada tipo de pipeta, según la marca, tiene un tipo de boquilla y que la boquilla de una pipeta no se puede utilizar en otra. Tienen varias pipetas, cada una para una medida concreta y para calibrarlas las mandan a fábrica.
Visitamos la depuradora y la zona donde están las piscinas para la cloración del agua. En total son siete colocadas en paralelo. El agua llega a la primera piscina por un tubo, pasa por debajo del muro a la segunda piscina y por encima a la tercera, así sucesivamente, primero por debajo y después por encima.
En mi opinión la excursión fue interesante, al principio un poco aburrida pero después con el paso del tiempo se fue haciendo más interesante. A nosotras nos gustaría hacer más excursiones como esta pero a diferentes laboratorios para ver las formas de trabajar de cada uno.










Moi bo traballo!