martes, 20 de marzo de 2018

NOVIDADES

Xa están na biblioteca as NOVIDADES para estes días de lecer que se aproximan. Animádevos a botar unha ollada porque hai lecturas interesantes e divertidas para todos.
 Boa lectura!

mércores, 7 de marzo de 2018

I Festival Montenegro de Arte e Novela Negra

Durante os días 22 e 23 de febreiro tivo lugar o I Festival Montenegro de Arte e Novela Negra; con obradoiros de escritura e lectura de novela negra, exposicións de obras artísticas realizadas polo alumnado inspiradas nas obras dun dos escritores participantes, Jon Arretxe. Tamén se contou coa presenza de Juan Sendino, Sergio Vera e Ana Mercedes López Álvaro.







O cómic




Coa obra Blacksad comeza a andaina do club de lectura de cómic no noso instituto. Cada mes celebraremos unha xuntanza na que os participantes intercambiaremos opinións sobre a obra proposta para a súa lectura.

I Concurso de Cartas de Amor

O pasado mércores 28 de febreiro, entregáronse na Biblioteca os premios do I Concurso de Cartas de Amor. 



Os participantes podían optar ao premio en dúas modalidades: seria e paródico. Tamén había un terceiro premio que otorgou un grupo de alumnos alumnas á carta que máis lles gustou.



As premiadas foron:

Clara de Asís de 3º ESO B na modalidade seria.

Carmela Salgado de 2º ESO A premio do alumnado.

Aiora Billalabeitia de 2º ESO A na modalidae paródica.