venres, 15 de xuño de 2018

ANUNCIALIBROS


Este venres apareceron unha serie de follas sospeitosas nas escaleiras do IES. Que serán?




Se nos achegamos e lemos...



Son comezos de libros. E é que se achega o verán e si, os libros son para o verán, así que..., por que non aproveitar a recomendación dalguén da miña idade e, de paso, recomendar eu unha lectura que lles poida gustar aos meus compañeiros?
Esperamos que vos sirvan e que vos animedes, alumando, profesorado e todo o persoal do centro e que, ao longo da próxima semana, enchamos estes ocos de boas lecturas coas que acompañar o verán.

mércores, 6 de xuño de 2018

RAPGUEIFAS


   Hoxe celebrouse na biblioteca un obradoiro de RAPGUEIFAS organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.
  Contamos coa presenza de Pinto de Herbón y Luis "O Caruncho" para o desenvolvemento do mesmo.

   Ao alumnado de 2º da ESO encantoulle esta actividade, que xa se vén desenvolvendo en cursos anteriores co mesmo éxito entre os rapaces e rapazas.

    Aquí tedes unha pequena mostra do obradoiro. Xa veredes como vos gusta!!!!!