mércores, 28 de novembro de 2018

ETIQUEFÁS!!?? 22 NOVEMBRO


O xoves 22 de novembro tivemos a nosa primeira actividade de ETIQUEFÁS!!??

 

As alumnas Paula Filgueira de 2º ESO B e Laura García de 2º ESO A deseñaron un taller de debuxo. A experiencia foi moi positiva. Nas fotos podemos ver que o alumnado participante disfrutou moito con esta actividade. Foron unhas profesoras de debuxo escepcionais.




















                  








Vémonos no próximo ETIQUEFÁS!!???

luns, 12 de novembro de 2018

ETIQUEFÁS!!??



POIS ISO... TI QUE FAS?


QUE SABES FACER? QUERES ENSINÁRNOLO ?

BAILAS? CANTAS? FAS MAXIA? DEBUXAS? 
ALGUNHA OUTRA COUSA?

POIS QUEREMOS QUE TODO O MUNDO O VEXA!!!!!

VEN Á BIBLIOTECA! NOS PRIMEIROS RECREOS CADA DOUS VENRES TES UN ESPAZO PARA TI PARA QUE AS TÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DISFRUTEN, TE APLAUDAN E APRENDAN.

TES ALGUNHA IDEA? FALA CON ÁNGELES OU IAGO PARA PREPARALO TODO.

AGARDÁMOSTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

sábado, 10 de novembro de 2018

TOM Z STONE


Xa chegaron á nosa biblioteca os libros de Tom Z Stone, de Joe Álamo, un dos escritores que van estar presentes no II Festival Montenegro de Arte e Novela Negra.


Xa temos a unha gran parte do alumnado do centro interesado nas aventuras deste detective tan peculiar. 



venres, 9 de novembro de 2018

REUNIÓN CLUB LECTURA OUTUBRO


   O día 26 de outubro tivemos as primeiras reunións do club de lectura durante os dous recreos. 






  Sabemos que imos ser máis porque cada vez hai máis rapaces e rapazas preguntando cando vai ser a seguinte reunión porque teñen moito interese en asistir.




    




Como está a piques de comezar novembro, mes do Samaín, eliximos como lectura "COUSAS DE MORTOS"

 


















de MANEL CRÁNEO.




  Aquí tedes algunhas outras das súas obras:












































Planeta Mincha é un proxecto multidisciplinar de ciencia ficción fantástica creado polo autor Manel Cráneo e adaptado a diversos soportes como o editorial, audiovisual, merchandising ou mesmo o mundo das galerías de arte.



A NOSA NOVA BIBLIOTECA


   Un dos obxectivos que tiñamos para este curso era darlle un cambio á biblioteca. Comezamos a pensar en poder mover andeis para que fora un espazo máis aberto, que os libros estiveran máis accesibles e ter máis espazo para poder gozala.


 E MIRADE QUE SORPRESA! Algo que pensabamos que ía para máis tempo, xa o temos conseguido.  Traballamos arreo nos cambios, tanto o profesorado como o alumnado que se ofreceu voluntario para axudarnos. Houbo moito que mover, andeis para aquí, andeis para alá.





   PERO ESTAMOS MOI CONTENTOS E CONTENTAS CO RESULTADO FINAL.





  Sabedes cal é a primeira consecuencia destes cambios? A biblioteca está abarrotada durante os recreos. Aos rapaces e rapazas estalles a resultar un sitio moi agradable ao que poden vir ler, traballar ou estudar, debuxar, facer puzzles, xogar.... 





ÉNCHENOS DE ORGULLO TER UNHA BIBLIOTECA AO GUSTO DE TODOS E TODAS.