mércores, 30 de xaneiro de 2019
venres, 25 de xaneiro de 2019
O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA
Hoxe botou a andar o novo club de lectura para 1º e 2º da ESO, coordinado polo profesor Serxio Folgueiras Arias.
O libro escollido para este trimestre é O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas.
Carlota é protagonista xa de media decena de libros; entre eles os seus tres diarios: o diario violeta, o vermello e o azul.
Neles a adolescente preséntanos a través da súa vida problemas presentes na nosa sociedade.
Neste libro Carlota observa o mundo a través das súas gafas violetas
mércores, 9 de xaneiro de 2019
A NOSA BIBLIOTECA SEGUE A CAMBIAR
Desde que comezamos este curso,
estamos a facer cambios na nosa biblioteca.
Tentamos poñer todo o noso empeño para que sexa un espazo cada vez máis aberto a toda a comunidade educativa.
Temos novo mobiliario: mesas e cadeiras, persianas e estores, estantes novos para a sección de cómic, pufs,...
Moi pronto imos ensinarvos o noso equipo de alumnado voluntario da biblioteca.
E recordade que seguimos buscando un logo.
Compramos varios xogos para poder ter unha colección para o alumnado que queira achegarse a gozar deles nas horas de lecer.
Estamos tamén ampliando a colección de cómic e moi cedo amosaremos todas estas novidades.
ETIQUEFÁS!!??
O día 14 de Novembro puidemos gozar de Juanes ( 4°ESO) e a súa guitarra eléctrica, na segunda sesión de ETIQUEFÁS!!??
Escoitamos " Californication" de Red Hot Chili Peppers e unha chea de punteos rockeiros dos que nos gustan.
Comprobamos que a nosa acolledora biblioteca é , ademais, un estupendo auditorio improvisado.
Grazas a todos os que viñestes de público e ata a próxima sesión.
Atentos ao cartel da entrada da biblioteca e aos taboleiros dos corredores!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)