martes, 25 de maio de 2021

O Grove, canteira de piragüistas e remeir@s

No noso centro hai un gran número de alumnos e alumnas que practican piragüismo e remo, deportes cunha ampla traxectoria no Grove.

Nas últimas semanas disputáaronse varios campionatos nos que algúns e algunhas resultaron gañadores. Por iso, arpoveitando os medios dos que dispoñemos na biblioteca e contando coa colaboración de alumnado e profesorado co centro, propuxémonos que nos contaran a súas experiencias.  

Non se tratou de reflexar só o que supuxeron para cada un deles esas vitorias, senón que tamén foi unha oportunidade para que expresaran as dificultades que teñen ás hora de combinar as esixencias destes deportes cos seus estudos e que nos contaran as cousas boas que lles aportan.

Se pulsas nas imaxes poderás acceder ás entrevistas en youtube.

 

Queremos darlles a noraboa, non só pola vitoria, senón tamén polo seu esforzo!!

mércores, 12 de maio de 2021

Young Business Talents

Durante a mañá do venres 7 de maio, desenvolveuse na nosa biblioteca a final nacional do Young Business Talents, na que participaron dous equipos: "Afojanecoras", con Anxo, Breixo e Carlos, de 1º de bacharelato e "Empresauriox", con Jenni, Anxo, Zaira e Yael, de 2º de bacharelato. 

Estiveron apoiados en todo momento por Martín Meis e Jose Vázquez, profesores do departamento de Economía. 

Este ano a final desenvolveuse, ao igual que na anterior edición, de xeito telemático, por mor das restriccións que supón a Covid. 

Os medios dos que dispoñemos na nosa biblioteca fixeron posible que se puidera levar a cabo este evento, conectados en directo cos organizadores.

Podes ver o vídeo en youtube pulsando neste enlace

Seguro que o vindeiro curso algún equipo do noso centro volve alcanzar a final e, se a situación sanitaria mellora, viaxarán a Madrid para competir.

martes, 4 de maio de 2021

IV Festival Montenegro

Para acceder a toda a información sobre o IV Festival Montenegro (actividades desenvolvidas e premiados) pulsa na imaxe.