domingo, 28 de novembro de 2021

25 N

 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 

Durante esta xornada realizouse unha mostra dos carteis cos que o alumnado pretendeu amosar a violencia e sufren as mulleres. 

 

 
 

Baixo o lema de por que?, púxose nome ás mulleres mortas en España durante o ano 2021 por violencia de xénero.

 
  
 

 Ás 11:10 todos os membros da comunidade educativa, ataviados con máscaras moradas, concentrármonos no patio para ler un manifesto contra a violencia de xénero e gardar un sentido minuto de silencio.

 

Hoxe queremos conmemorar o día contra a violencia de xénero, e polo tanto, gustaríanos que este minuto non só sirva para recordar as vítimas desta violencia, se non tamén para que cada un de nos reflexione sobre o feito de que todos somos iguáis, seres humanos, con ideas e pensamentos que merecen ser escoitados e que unhas voces non se deben escoitar máis que outras. Pensade como cambian as cousas cando nos respectamos e pouco a pouco camiñamos cara a igualdade. Agora iniciaremos o minuto de silencio, querémonos vivas a todas. 

 

Ás veces tes que olvidar o que sintes e recordar o que mereces. (Frida Kahlo)

 


 


 

Carteis elaborados polo alumnado de 1º Bacharelato Artístico.

Maquillaxe: Alba Rivas Pérez          

Diseño de cartel: Iñaki Méndez Mouriño

Fotografía e iluminación: Iñaki Méndez Mouriño

Modelos: Manuel Guillán Rivas, Érika Padín Rubianes, Camila Sol de Seta Martínez.