venres, 28 de outubro de 2022

Samaín

Aproveitando a chegada do Samaín, organizamos no centro, dentro do VI Festival Montenegro, o II Certame de Micorrelatos.

No seguinte documento podes ler os relatos participantes nas diferentes categorías:

 A: 1º e 2º de ESO.                             B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.  

 C: Bacharelato e Ciclos formativos.       D: Maiores de 18 anos.

 

 

 O venres 28 de outubro, no segundo recreo, realizouse a lectura dunha parte deses microrrelatos.


Organizamos, ademais, un  
concurso de decoración de portas das aulas
 
 
Durante a semana do 24 ao 28 de outubro o alumnado, por grupos, foi decorando as portas das súas aulas. 
 
 
O xoves 3 de novembro o xurado elixirá a porta máis terrorífica e orixinal e o grupo gañador disfrutará dun almorzo de medo na cafetería. 
 
As nosas recomendacións "terroríficas"

martes, 11 de outubro de 2022

17 de outubro. Día das escritoras

 

As nosas recomendacións para o día das escritoras.

Aproveitando que o día 17, na 5ª sesión temos a Hora de Ler, o Equipo da Biblioteca do centro propón que se realice unha lectura compartida de varios textos de escritoras galegas,  seleccionados por bibliotecas escolares, coa colaboración de Pilar Sampredo, Anxos Rial e Xosé Mª Lores.


Esperamos que disfrutedes da lectura!!


martes, 4 de outubro de 2022

VI Festival Montenegro

Xa está aquí a sexta edición do noso Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, que comeza co II Certame de Microrrelatos Montenegro.

Podes atopar toda a información sobre o festival pulsando na imaxe inferior.