venres, 3 de abril de 2020

Libros e vídeos on line


A Rede de bibliotecas de Galicia pon á disposición da poboación o seu catálogo de libros e películas en formato dixital, para poder ler ou ver de forma gratuita na casa.
Como ler ou como ver unha película?
Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
Que non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
Que libros ou que películas podes ver? Aquí podes acceder ao catálogo