Amosando publicacións coa etiqueta Club de ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de ciencias. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de marzo de 2020

CAMIÑANDO SOBRE O MAR



O pasado martes día 3 de marzo, alleos a todo o que estaba por vir, o club de ciencias gozou da súa última xuntanza previa ao período de contención.
Como sempre, a sesión comezou abordando as cuestións mais teóricas de forma conxunta pero, nesta ocasión Ricardo tiña unha sorpresa para nós. “Se como lentellas tódolos luns e hoxe comín lentellas, quere dicir que é luns?” Entorno a esta cuestión pasamos un bo rato analizando cada palabra e aprendendo a utilizar a lóxica para ser un pouco mais excelentes! 




A partir de aquí, unha secuencia de vídeos curtos deixaría entrever o que nos íamos atopar en breves instantes no laboratorio. Sabiades que existen insectos que son capaces de camiñar sobre a auga? O mesmo fundamento científico que explica este fenómeno tamén xustifica que nos custe mais entrar na auga da piscina cando nos tiramos en plancha, aínda que a diferenza é evidente: nós pesamos mais!

Xa no laboratorio dedicamos varios experimentos a comprobar a tensión superficial da auga: 1) facendo flotar obxectos máis densos que a propia auga (como un clip de aceiro); 2)  impedindo que caia a auga contida nun vaso posto boca abaixo e recuberto dunha tela con buratos; e 3) engadindo obxectos dentro dun vaso que estaba totalmente cheo de auga. Por outra banda, tamén engadimos xabón ao vaso no que fixéramos flotar o clip para observar como se rompe a tensión superficial provocando a caída do clip ao fondo do recipiente.








A segunda parte da xuntanza no laboratorio dedicámola a comprobar as propiedades de fluídos non newtonianos: tecnicamente empregamos fariña de millo e auga para analizar como se comporta a mestura cando a manipulamos con rixidez ou con suavidade. Sen embargo, estou segura de que tódolos membros do club de ciencias alí presentes estarían de acordo en afirmar que, o término mais axeitado para definir o que fixemos no laboratorio é XOGAR. Experimentamos xogando co fluído non newtoniano e demostramos, unha vez mais, que a ciencia pode ser divertida. 









Moi bo traballo!
Dende a organización do club de ciencias desexámosvos a mellor das sortes neste período que nos tocou vivir! Moito ánimo e esperamos volver pronto con mais ideas e mais ciencia!



martes, 3 de marzo de 2020

ANALIZANDO O MAR

O pasado día 11 de febreiro o club de ciencias tivo a oportunidade de facer a súa primeira saída do centro para visitar os laboratorios Mytilus, Amegrove. A continuación, tres das nosas alumnas describen a súa visión da experiencia.

Texto redactado por Abigail, Edurne e Lúa (2ºESO)

La excursión al laboratorio mytilus consistió en visitar primero el laboratorio físico-químico. Nos enseñaron los procesos de incubación (media hora cada proceso), nos enseñaron las campanas extractoras de humos, las balanzas de una precisión de hasta cuatro decimales y los pH-metros también muy precisos. Además, nos explicaron que ellos analizan muestras de agua y de molusco para verificar si tienen toxina y que tienen marcados los polígonos por A y B,:A significa que no tiene que ser depurado y B que sí que necesita ser depurado. 
Después, nos enseñaron el laboratorio de microbiología, donde nos mostraron las diferentes estufas para incubar los caldos a distintas temperaturas, y el funcionamiento de la pipetas. Nos explicaron que cada tipo de pipeta, según la marca, tiene un tipo de boquilla y que la boquilla de una pipeta no se puede utilizar en otra. Tienen varias pipetas, cada una para una medida concreta y para calibrarlas las mandan a fábrica.
Visitamos la depuradora y la zona donde están las piscinas para la cloración del agua. En total son siete colocadas en paralelo. El agua llega a la primera piscina por un tubo, pasa por debajo del muro a la segunda piscina y por encima a la tercera, así sucesivamente, primero por debajo y después por encima.
En mi opinión la excursión fue interesante, al principio un poco aburrida pero después con el paso del tiempo se fue haciendo más interesante. A nosotras nos gustaría hacer más excursiones como esta pero a diferentes laboratorios para ver las formas de trabajar de cada uno.










Moi bo traballo!

luns, 10 de febreiro de 2020

DESBORDANDO O MAR: VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA



Texto redactado coa colaboración de Pablo Pazos e Javier Besada
 
O pasado venres 31 de xaneiro, o noso instituto tivo a sorte de poder realizar una videochamada directamente coa Antártida. Alí encóntrase a base Gabriel de Castilla, situada na illa Decepción; nome o cal ven mal traducido do inglés <Deception> (engano). O nome inglés foi dado despois de analizar a forma da illa e comprobar que era algo totalmente diferente ao que aparentaba. O nome en español parece ser que foi un erro de traducción pero entre as teorías máis famosas está a que di que pensaban que esta illa ocultaba un tesouro, pero non había nada (de ahi <Decepción>). A outra conta que un explorador chegou alí pensando que era o descubridor daquel lugar ata que encontrou un cazador de focas e levou unha decepción.
Na videochamada un comandante e un xefe de investigación contáronnos que a pesar dese nome, a illa era todo o contrario.

Illa Decepcion (entrada á Antártida dende Arxentina)

Illa Decepcion (en forma de ferradura)













No que respecta á flora e fauna, os interlocutores fixeron un breve resumo das especies que se atopan convivindo con eles e no resto da Antártida. Unha cousa que nos sorprendeu foi que a Antártida é extremadamente grande, sobre todo en inverno porque aumenta considerablemente o seu tamaño e, en todo ese espazo, soamente hai dúas flores.
Entre as especies que se atopan na illa Decepcion están: o pingüino, o lobo mariño, a foca leopardo, as baleas, e outros moitos animais que frecuentan tanto as costas e montañas coma os fondos mariños do entorno.

Foca leopardo na illa Decepcion







Lobo mariño na illa Decepcion
Pingüinos barbijo na illa Decepcion

Se queres descubrir a reacción dos ponentes cando lles preguntamos polo cheiro dos pingüinos, preme no seguinte vídeo:




No tocante á xeoloxía,  a illa Decepcion é unha illa volcánica que aínda se atopa en activo. Este dato non pasou desapercibido entre o noso público, que se interesou por saber se habitualmente se sinten temblores na zona e se existe preocupación entre os científicos e militares pola posibilidade de que se produza unha erupción. Pero non nos olvidemos da formación laboral dos nosos interlocutores pois, por un lado contan cun equipo de investigadores que toman medidas día a día a través de diversos sismógrafos, e por outro lado teñen o respaldo militar que garantiza a evacuación seguindo os protocolos axeitados.

Se queres descubrir se existen temblores na illa Decepcion, preme no seguinte vídeo:


Outro dos temas que puidemos comentar ao longo desta videoconferencia foi o da convivencia. Que traballo realiza cada un na illa? Que fan no seu tempo libre? Hai algún tipo de malos rollos?
Con todas estas preguntas parecemos sorprender un pouco aos nosos convidados que non tiveron ningún problema en resolver as nosas dúbidas e entrar ao trapo cos cotilleos. Algúns dos detalles que mais nos gustaron son os seguintes:
- Os científicos este ano teñen entre mans un megaproxecto no que participan máis de 30 investigadores de países diferentes e que se está levando a cabo nun buque xigante cerca da illa.
- Os militares están ao servicio dos científicos, proporcionándolles refuxio, protección e comida. Por exemplo, eles son os encargados de sacar a auga potable dun lago cercano á base.
- Toda a base alí montada é temporal. Está prohibido construir na Antártida debido a diferentes tratados internacionais que teñen a intención de protexer o medio natural ao máximo.
-  Traballan tódolos días da semana e soamente recoñecen os domingos porque teñen churros para almorzar.
- E si, a convivencia entre eles é moi boa. Cando teñen ratos libres adoitan mirar algunha película ou xogar a algún xogo de mesa e incluso tiveron tempo para batirse nun torneo de futbolín.

Ao final da charla tivemos a sorte de que o comandante e o investigador saíron fora para ensinarnos as vistas coas que se levantan tódolos días e o que máis nos chamou a atención foi un esqueleto completo de balea que se ubicaba na praia. Ao parecer, explicáronnos que alí era moi típica a caza de baleas antes de que se prohibira. 

Se queres descubrir a balea e o entorno no que viven os traballadores da base Gabriel de Castilla, preme no seguinte vídeo:






 
Para os profes do IES Monte da Vila é unha gozada poder presentarlle actividades como esta ao noso alumnado. Tal vez nuns anos poidamos contar coa colaboración dalgún deles para seguir fomentando a actividade científica entre os adolescentes da nosa comunidade. 
Moi bo traballo!

xoves, 6 de febreiro de 2020

DESBORDANDO O MAR

 


Texto redactado por: Pablo Pazos

O Pasado martes 28 de Xaneiro retomouse a parte experimental do club de ciencia despois do descanso de Nadal.


Seguindo co tema de investigación “o mar”, fomos a parar ás frías augas da Antártida, onde se atopan moitas curiosidades que descoñeciamos.


Falamos do permafrost, o cal é unha gran preocupación para os científicos. Un dos motivos é que cando este se derrita, a cantidade de metano que sairá acelerará aínda mais o quecemento global. 






Ademais, como puidemos comprobar, este gas é inflamable e iso permite xogar con el un pouco… con coidado e supervisión claro... No laboratorio escollemos o gas hidróxeno para simular este proceso e divertímonos un rato queimando burbullas dun vaso con auga e xabón.






Tamén falamos do tema que nos preocupa a nós, cidadáns de costa, e é que co derretemento dos polos o nivel do mar ascendería considerablemente e o noso querido hábitat pasaría a ser unha especie de Atlántida (pobo afogado). Observamos que só o xeo ubicado no continente pode contribuír a este aumento do nivel do mar, e non os glaciares e as placas flotantes por exemplo.


Por último fixemos un experimento no cal comprobamos o que pasará cando ese gas metano do permafrost sexa expulsado; a atmosfera exercerá toda a súa forza nese terreo e este afundirá completamente. Nós experimentámolo con latas de refrescos.




Esta vez despedímonos ata o venres para continuar coa aventura pola Antártida. Espéranos unha videoconferencia en directo coa base Gabriel de Castilla da illa Decepción da Antártida.

Moi bo traballo!

xoves, 5 de decembro de 2019

DESCOMPOÑENDO O MAR


En primeiro lugar, queremos darlle as grazas á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola concesión,na resolución definitiva do 27 de novembro de 2019, do Club de Ciencia ó IES Monte da Vila para este curso 2019-20.

Faro de Vigo, para ver a noticia dixital pincha aquí

Dende o Club de Ciencia seguimos empregando o mar como escusa para aprender de xeito informal e divertido. Así,o martes 3 de decembro de 2019,estivemos “xogando” a descompoñer o mar.


Nestes días estase a celebrar en Madrid o Cume Climático (COP25). Por iso, na primeira parte da reunión, charlamos sobre un dos moitos efectos que o excesivo nivel de dióxido de carbono (CO2)produce no ambiente: a acidificación dos océanos.
Para aproximarnos ó tema vimos un par de vídeos nos que, entre outros aspectos, se menciona como o CO2 da atmosfera pode pasar á auga dos mares dando lugar a un aumento da acidez (diminución do pH). Isto afecta especialmente ó desenvolvemento das cunchas dos moluscos, ós corais e ó plancto. Deixamos os enlaces dos vídeos por se alguén quere velos e, por suposto, podedes seguir indagando e buscando outros vídeos ou información relacionada coa temática.
“La acidificación de los océanos”



Durante a charla co alumnado tratouse de xeito sinxelo un proceso complexo como o que se establece nos equilibrios químicos entre o dióxido de carbono atmosférico e os océanos (nos que non só hai auga e habería que ter en conta máis aspectos).



Tamén falamos da descomposición electrolítica da auga do mar.

E despois de satisfacer a curiosidade teórica pasamos á práctica. Poñemos as batas e...

ACCIÓN!

Comezamos realizando unha descomposición electrolítica. Collemos un pouco de auga de mar, poñemos os eléctrodos, conectamos os cables á pila e comprobamos como a auga do mar se convertía en burbullas.
Puidemos detectar, mediante o olfacto a presenza de cloro gas, procedente da sal (NaCl) que ten a auga do mar.
“CHEIRA A PISCINA” dicían.




Fixemos tamén unha proba adicional empregando nitrato de prata que reacciona cos ións cloruro para dar lugar a un composto insoluble de cloruro de prata que aparecía como unha nube branca no tubo de ensaio. Para iso houbo que poñer luvas, e evitar que o nitrato de prata deixara tatuaxes nas mans durante algunhas semanas.


Finalmente procedemos a descompoñer cunchas de animais mariños.


Para iso empregamos ácido clorhídrico (HCl). O ácido reaccionaba coas cunchas (formadas principalmente de carbonato de calcio) para formar cloruro de calcio e un gas coñecido: o dióxido de carbono.
Para identificar este gas, que é incoloro, conducímolo a través dun tubo cara unha vela e puidemos ver como se apagaba (a vela precisa osíxeno para arder, pero o CO2 que é máis denso que o aire, despraza o aire que contén osíxeno e a vela acaba apagándose). Noutra experiencia, o gas CO2 recollíase nun vaso para despois vertelo e apagar “maxicamente” a vela.







Como última experiencia fixemos burbullar o dióxido de carbono a través dun vaso con auga destilada e comprobamos (con papel indicador e con pH-metro) como se acidificaba a auga ó baixar o pH, dando conta do que pode estar a pasar co dióxido de carbono atmosférico cando se disolve nas augas mariñas.



Con esta sesión despedimos o primeiro trimestre. Vémonos á volta das vacacións de nadal. 
Moi bo traballo, equipo!