martes, 30 de xaneiro de 2024
O Noso Grove
SÁBADO 13 DE
XANEIRO DE 2024
Aparecen
restos humanos nunha praia do Grove
O Grove / M. Peña 12/01/2024 21:37
H.
O alumnado do IES Monte da Vila atopou onte nunha praia do Grove
unha man humana mentres participaba nunha recollida de bólas de plástico nos
areais do concello.
Unha das docentes alertou a Garda Civil tras comprobar o estado do
membro, que presentaba signos de violencia e descomposición e que apareceu
entre as crebas que o mar deixara na area.
Os axentes efectuaron o traslado ao Instituto de Medicina Legal de
Pontevedra, onde se practicou unha autopsia. Segundo fontes da investigación, a
man non tiña pegadas dactilares, o que fai pensar que foron borradas
intencionadamente para dificultar a identificación da vítima. Ademais,
presentaba unha tatuaxe dun ollo dentro dun triángulo, un símbolo asociado a
sociedades secretas e ocultistas.
A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a orixe dos
restos humanos.
Concurso de Fotografía
BASES DO
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
1. O concurso está aberto ao alumnado pertencente e matriculado no centro e con acceso á aula virtual.
2. A participación no concurso será a través da aula virtual onde hai que automatricularse na categoría correspondente. (No Departamento de Debuxo podedes acceder ao curso Concurso de Fotografía.
3. Establécense as
seguintes categorías:
· Categoría A: 1º e 2º de
ESO.
· Categoría B: 3º e 4º de
ESO e FP Básica.
· Categoría C: Bacharelato
e Ciclos formativos.
4. Cada avaliación haberá
un concurso de fotografía con tres temas.
5. Pódese participar en
calquera delas ou nas tres, cun máximo de 4 imaxes por tema.
6. As imaxes
presentaranse en formato jpg co nome do autor e número de fotografía no caso de
presentar máis dunha.
7. As datas de entrega e os
temas de cada trimestre indicaranse nos carteis expostos nos corredores
do instituto.
8. Premios:
Por cada categoría o
xurado escollerá unha ou máis fotografías gañadoras.
- As persoas que as
fixeran obterán un almorzo na cafetería e unha excursión ao final de curso.
- As fotografías
gañadoras participarán nunha exposición de final de curso.