venres, 20 de abril de 2018

Club do cómic: El fantasma de Anya



 



















O venres, 13 de abril, tivemos a segunda xuntanza do club de lectura de cómic. Nesta ocasión a obra que elexiramos fora "El fantasma de Anya", de Neil Gaiman, pero, como hai lectores tan ávidos, tamén falamos doutra obra do autor: Coraline.

Aquí podedes botar unha ollada ao tráiler de "Los mundos de Coraline".







Compartimos impresións, o que máis nos gustou, nos chamou a atención e, para dentro dun mes, acordamos que iamos falar de "Aquel verano" das autoras Jillian Tamaki, Mariko Tamaki. 




Animádevos a asistir e, como non, a buscar e desfrutar desta lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario