O día 25 de novembro celébrase o día internacional da non violencia contra a muller, e desde a biblioteca quixemos facer un pequeno acto simbólico no recreo do luns día 28 para que o alumnado o conmemorase.
Queriamos darlle un punto de vista positivo e de esperanza e por iso eliximos a canción de Rozalén "La puerta violeta", que representamos como podedes ver nas imaxes.
Nos globos violetas o alumnado escribiu mensaxes positivos e nos negros describiron a parte negativa da violencia e foron estoupados ao final da canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario