venres, 25 de xaneiro de 2019

O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA



Hoxe botou a andar o novo club de lectura para 1º e 2º da ESO, coordinado polo profesor Serxio Folgueiras Arias.

O libro escollido para este trimestre é  O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas.


Carlota é protagonista xa de media decena de libros; entre eles os seus tres diarios: o diario violeta, o vermello e o azul.

Neles a adolescente preséntanos a través da súa vida problemas presentes na nosa sociedade.


Neste libro Carlota observa o mundo a través das súas gafas violetas e descobre en todas partes prexuízos contra as mulleres.


Quen se inventou que en asuntos amorosos os mozos teñan que tomar a iniciativa?


Por que o azul ten que ser a cor dos mozos e o rosa o das mozas?

O diario violeta de Carlota trata con humor e agudeza a situación da muller no mundo actual. Carlota convídanos a utilizar as súas lentes de cor violeta que nos van a permitir detectar situacións inxustas e desenmascarar as actitudes machistas.




Imaxe relacionadaResultado de imaxes para o diario azul de carlota




Resultado de imaxes para el diario de flanagan

Flanagan, o mozo que Carlota coñece no diario vermello de Carlota, é o protagonista dunha extensa colección de misterio dos autores Andreu Martí e Jaume Ribeira. Á vez que Carlota escribe o seu diario, Flanagan fará o mesmo pola súa conta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario