O xoves, 21 de febreiro, Manel Cráneo
visitounos para axudarnos a expandir os nosos intereses artísticos co debuxo.
Primeiro, deu unha clase para o Club de Lectura do Cómic sobre iniciación á banda deseñada na que Manel nos falou sobre a historia que acompaña a este tipo de ilustracións e deunos claves para poder crear as nosas propias ilustracións mellor do que o faciamos.
Tras isto, o artista reuniuse cos alumnos de
Técnicas Gráfico Plásticas para dar unha clase bastante diferente a anterior
sobre Sentidos Debuxados. Esta vez os alumnos exploraron o debuxo e a
imaxinación desde distintas perspectivas creativas co fin de comprender que as
artes son un pilar fundamental na educación, e incluso no noso día a día, ao
igual que o son as linguas e as matemáticas. Esta foi unha mensaxe que calou no alumnado
nesta charla tan creativa.
Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B
Vídeo de Brais Míguez de 2º Bacharelato A
Ningún comentario:
Publicar un comentario