Tanto o alumnado de segundo de bacharelato do IES Monte da Vila como os de 1º da ESO do IES As Bizocas foron elixidos para o proxecto Fío e Agulla, tecendo historias, que quixo acercar o alumnado ao mundo da arte e así recuperar e poñer en valor a memoria das redeiras. Con ese obxectivo estiveron varias semanas traballando, indagando entre as súas familias para encontrar persoas que practicaron este oficio e diseñando obras, vídeos e collages. A exposición inaugurouse o día 26 de abril na Sala das Cunchas do Concello O Grove.
As coordinadoras do proxecto, Paula Cabaleiro e Alexandra Rodríguez acudiron ao noso centro para explicar en que consistía o traballo das redeiras e amosarlle artistas que puideran inspirar as súas obras. Nunha terceira sesión o alumnado coñeceu a unha redeira de verdade, dona Trina, que lles contou, na nosa biblioteca, en detalle en que consistía o traballo que desempeñou durante toda a súa vida.
Vídeo elaborado por David Fandiño Dovalo, Brais Míguez Figueiras e Daniel Agrelo Arenas.
Vídeo elaborado por Aarón Blanco Meis, Antonio Nicolás Lois Sanmartín e Daniel Pazos Parada
Vídeo elaborado por Andrea Padín Casas e Andrea Ochoa Figueiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario