Este pasado mércores 21 tivemos a oportunidade de
reunirnos por fin para a entrega de premios do III Certame Literario
Festival Montenegro.
Foi unha gala canto menos
estraña e diferente pero conseguimos levala a cabo grazas á axuda de
todos e todas, tanto da organización coma dos asistentes.
Os
primeiros en recibir os premios foron os gañadores/as e finalistas do I
Certame de Poesía. Desde os máis pequenos ata os máis grandes
notábaselles ben orgullosos dos seus logros aínda que non lle podíamos ver o
sorriso por culpa da máscara.
Os seguintes
en recibir o premio foron os gañadores/as e finalistas do II Certame de
Relato Curto. A estes tamén se lles vía ben contentos, unha pena non
poderlles ver ben a cara...
Este ano a
participación nestes dous concursos foi inmensa e así houbo casi 60
poemas e casi 60 relatos de distintas persoas.
Grazas a todas as persoas que participaron e esperamos que se anime ainda máis xente xa que no fondo
todos levamos un artista dentro.
Pablo Pazos. 1º bacharelato C.
Para ver máis fotos da entrega de premios podes visitar este enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario