O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Cada ano, esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón dos Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.
Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo.
En 2021, o Día das Escritoras celebrouse o día 18 de outubro, a comisaria é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema elixido é “Ler as idades da vida”.
Así o explica a comisaria no seu texto de introdución: “A nosa primeira biblioteca foi de aire, en forma de canto ou de conto. En forma de palabras que se fiaban as unhas ás outras e ían espertando nosa diminuta conciencia. Nais, avoas, tías. Mestras. Amigas. E na viaxe do tempo, eramos nenas, adolescentes, novas, mulleres maduras; xa foramos agora, todas xuntas, porque os libros foran recollendo as nosas idades. As idades da vida. Unha biblioteca no corazón. Día das escritoras”

Ningún comentario:
Publicar un comentario