mércores, 16 de novembro de 2022

25 N - Zapatos vermellos

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o Equipo da Biblioteca e o EDLG van organizar unha pequena performance na entrada do centro.


A actividade, titulada "Nunca máis", é unha versión das instalacións da artista mexicana Elina Chauvet, nas que se visibilizan os feminicidios de Ciudad Juárez a través dunha serie e zapatos vermellos de mulleres.

As caixas para depositalos (debidamente identificados na sola co nome e apelidos) estarán dispoñibles ao lado das escaleiras da entrada do centro desde mañá xoves 17 ata o próximo xoves 24.

 

 Anímate a participar!!

 

 

 A nosa  pequena instalación de zapatos vermellos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario