martes, 9 de abril de 2019

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

Durante este curso o alumnado do centro está a colaborar coa biblioteca en diferentes labores: xestión de préstamos, biblioteca de aula, organización de actividades... 

O equipo da biblioteca está moi agradecido coa implicación do alumnado nas nosas actvidades. 

Hoxe quixemos facerlles un pequeno agasallo que lles fixo moita ilusión. 

Cada rapaz e rapaza voluntaria da biblioteca ten xa unhas chapas con centoleo, grazas ao responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de O Grove que nolas fixo. 

Grazas Arximiro Fernández. Encántannos!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario