IES MONTE DA VILA DENTRO DO PROGRAMA “MARE MECUM” INVITA A TODA A COMUNIDADE DO GROVE A PARTICIPAR NO
CONCURSO DE VÍDEO-RECEITAS
PRATOS DE MEXILLÓN
As técnicas para a súa elaboración son totalmente libres; o único requisito é que a base principal do prato sexa o mexillón.
Valorarase o carácter educativo do vídeo (o vídeo deberá transmitir unha aprendizaxe, a partir do vídeo debe ser sinxelo poder elaborar ese prato na casa) e a presentación do prato.
Podes participar cun máximo de dous vídeos, os cales deben ser da túa autoría e estar en posesión dos dereitos de explotación dos mesmos.
Non está permitido utilizar materiais/contidos sometidos a dereitos de propiedade intelectual, sen adquirir previamente autorización expresa dos propietarios.
Recomendamos así mesmo, a utilización de materiais -musicais, fotográficos, etc,…- rexistrados baixo licenzas libres. Admitirase calquera tipo de formato dixital.
A duración establecida será como mínimo dun minuto e como máximo de tres minutos.
Subir o vídeo a calquera plataforma (youtube, …) e enviar a ligazón ao correo
foto.video.montedavila@gmail.com, indicando:
· Nome do prato.
· Datos do participante.
· Número de teléfono de contacto
Tamén podes traer o vídeo ao instituto e entregalo no departamento de debuxo.
Data límite de entrega: 8 de marzo.
Na semana cultural, do 30 de marzo ao 3 de abril, os gañadores elaborarán os seus pratos xunto con profesionais da cociña do Grove de recoñecido prestixio.
As receitas gañadoras publicaranse en varios idiomas.
Os gañadores recibirán un diploma, un trofeo e un libro de cociña dedicado polo seu autor. O acto público celebrarase o mércores 1 de abril.
CATEGORÍAS:
B: 1º e 2º ESO
C: 3º, 4º ESO e FPB
D: 1º, 2º Bac. e ciclos
E: maiores de 18 anos
F: Profesionais da cociña
Ningún comentario:
Publicar un comentario