Texto redactado por: Pablo Pazos
O Pasado martes 28 de Xaneiro retomouse a parte experimental do club de ciencia despois do descanso de Nadal.
Seguindo co tema de investigación “o mar”, fomos a parar ás frías augas da Antártida, onde se atopan moitas curiosidades que descoñeciamos.
Falamos do permafrost, o cal é unha gran preocupación para os científicos. Un dos motivos é que cando este se derrita, a cantidade de metano que sairá acelerará aínda mais o quecemento global.
Ademais, como puidemos comprobar, este gas é inflamable e iso permite xogar con el un pouco… con coidado e supervisión claro... No laboratorio escollemos o gas hidróxeno para simular este proceso e divertímonos un rato queimando burbullas dun vaso con auga e xabón.
Tamén falamos do tema que nos preocupa a nós, cidadáns de costa, e é que co derretemento dos polos o nivel do mar ascendería considerablemente e o noso querido hábitat pasaría a ser unha especie de Atlántida (pobo afogado). Observamos que só o xeo ubicado no continente pode contribuír a este aumento do nivel do mar, e non os glaciares e as placas flotantes por exemplo.
Por último fixemos un experimento no cal comprobamos o que pasará cando ese gas metano do permafrost sexa expulsado; a atmosfera exercerá toda a súa forza nese terreo e este afundirá completamente. Nós experimentámolo con latas de refrescos.
Esta vez despedímonos ata o venres para continuar coa aventura pola Antártida. Espéranos unha videoconferencia en directo coa base Gabriel de Castilla da illa Decepción da Antártida.
Moi bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario