luns, 10 de febreiro de 2020

DESBORDANDO O MAR: VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA



Texto redactado coa colaboración de Pablo Pazos e Javier Besada
 
O pasado venres 31 de xaneiro, o noso instituto tivo a sorte de poder realizar una videochamada directamente coa Antártida. Alí encóntrase a base Gabriel de Castilla, situada na illa Decepción; nome o cal ven mal traducido do inglés <Deception> (engano). O nome inglés foi dado despois de analizar a forma da illa e comprobar que era algo totalmente diferente ao que aparentaba. O nome en español parece ser que foi un erro de traducción pero entre as teorías máis famosas está a que di que pensaban que esta illa ocultaba un tesouro, pero non había nada (de ahi <Decepción>). A outra conta que un explorador chegou alí pensando que era o descubridor daquel lugar ata que encontrou un cazador de focas e levou unha decepción.
Na videochamada un comandante e un xefe de investigación contáronnos que a pesar dese nome, a illa era todo o contrario.

Illa Decepcion (entrada á Antártida dende Arxentina)

Illa Decepcion (en forma de ferradura)













No que respecta á flora e fauna, os interlocutores fixeron un breve resumo das especies que se atopan convivindo con eles e no resto da Antártida. Unha cousa que nos sorprendeu foi que a Antártida é extremadamente grande, sobre todo en inverno porque aumenta considerablemente o seu tamaño e, en todo ese espazo, soamente hai dúas flores.
Entre as especies que se atopan na illa Decepcion están: o pingüino, o lobo mariño, a foca leopardo, as baleas, e outros moitos animais que frecuentan tanto as costas e montañas coma os fondos mariños do entorno.

Foca leopardo na illa Decepcion







Lobo mariño na illa Decepcion
Pingüinos barbijo na illa Decepcion

Se queres descubrir a reacción dos ponentes cando lles preguntamos polo cheiro dos pingüinos, preme no seguinte vídeo:




No tocante á xeoloxía,  a illa Decepcion é unha illa volcánica que aínda se atopa en activo. Este dato non pasou desapercibido entre o noso público, que se interesou por saber se habitualmente se sinten temblores na zona e se existe preocupación entre os científicos e militares pola posibilidade de que se produza unha erupción. Pero non nos olvidemos da formación laboral dos nosos interlocutores pois, por un lado contan cun equipo de investigadores que toman medidas día a día a través de diversos sismógrafos, e por outro lado teñen o respaldo militar que garantiza a evacuación seguindo os protocolos axeitados.

Se queres descubrir se existen temblores na illa Decepcion, preme no seguinte vídeo:


Outro dos temas que puidemos comentar ao longo desta videoconferencia foi o da convivencia. Que traballo realiza cada un na illa? Que fan no seu tempo libre? Hai algún tipo de malos rollos?
Con todas estas preguntas parecemos sorprender un pouco aos nosos convidados que non tiveron ningún problema en resolver as nosas dúbidas e entrar ao trapo cos cotilleos. Algúns dos detalles que mais nos gustaron son os seguintes:
- Os científicos este ano teñen entre mans un megaproxecto no que participan máis de 30 investigadores de países diferentes e que se está levando a cabo nun buque xigante cerca da illa.
- Os militares están ao servicio dos científicos, proporcionándolles refuxio, protección e comida. Por exemplo, eles son os encargados de sacar a auga potable dun lago cercano á base.
- Toda a base alí montada é temporal. Está prohibido construir na Antártida debido a diferentes tratados internacionais que teñen a intención de protexer o medio natural ao máximo.
-  Traballan tódolos días da semana e soamente recoñecen os domingos porque teñen churros para almorzar.
- E si, a convivencia entre eles é moi boa. Cando teñen ratos libres adoitan mirar algunha película ou xogar a algún xogo de mesa e incluso tiveron tempo para batirse nun torneo de futbolín.

Ao final da charla tivemos a sorte de que o comandante e o investigador saíron fora para ensinarnos as vistas coas que se levantan tódolos días e o que máis nos chamou a atención foi un esqueleto completo de balea que se ubicaba na praia. Ao parecer, explicáronnos que alí era moi típica a caza de baleas antes de que se prohibira. 

Se queres descubrir a balea e o entorno no que viven os traballadores da base Gabriel de Castilla, preme no seguinte vídeo:






 
Para os profes do IES Monte da Vila é unha gozada poder presentarlle actividades como esta ao noso alumnado. Tal vez nuns anos poidamos contar coa colaboración dalgún deles para seguir fomentando a actividade científica entre os adolescentes da nosa comunidade. 
Moi bo traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario