sábado, 29 de febreiro de 2020

Alberto Guitián

O ilustrador galego Alberto Guitián, impartirá dous obradoiros no noso Centro o próximo 13 de marzo, dentro das actividades programadas no III Festival Montenegro.


Alberto é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, pero foi en Barcelona onde comezou como ilustrador e deseñador gráfico freelance. 

Ilustra carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador en revistas de humor El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro.

Participou en diversas antoloxías cómicas (como H2Oil, Autsaider Minicomics, BlackPulpBox ou Mortland). 

Tamén realiza fondos e storyboard de animación. Impartiu máis de 40 obradoiros e clases maxistrais en banda deseñada e ilustración en Galicia e Cataluña.

Editou as monografías Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición francesa en 2013),  O circo de Lorza (Dibbuks, 2011) e Só tinta (Polaqia, 2012).





Na súa páxina albertoguitian.com podes admirar as súas obras e proxectos.


Algunhas das súas obras destacadas son:

Exposición colectiva A metaviñeta, Galería Monty4, A Coruña, 2015.

Gráfica e dirección de arte dos espectáculos da compañía El Retrete de Dorian Gray.

Exposición El Circo Lorza, MIHL, Lugo, 2014.

Chico & Rita (largom.: fondos), Estudio Mariscal, Barcelona, 2010.

Oca do Camiño de Santiago (xogo de mesa, ilustracións), O gráfico/Ideas Peregrinas, 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario