Pretendemos, en primeiro lugar, que neste curso 2020/21 que comeza a nosa biblioteca continúe a ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, beneficiando así a toda a comunidade educativa e ofrecendo oportunidades diversas de acceso a información relevante.
Somos conscientes do
reto que supón este incerto momento de pandemia no uso seguro deste espazo
común e, por iso, desenvolvemos un protocolo inicial que poderá ser avaliado,
puntualizado ou mellorado segundo o desenvolvemento do inicio de curso.
O equipo da biblioteca planificará os distintos
escenarios que se poidan dar ao longo do curso, incluíndo a posibilidade de
cese das actividades presenciais.
‐ O aforo máximo de
persoas na sala é 19.
‐ Os postos nas mesas
están sinalizados. O alumnado permanecerá sentado no seu posto,
agás que se dirixa ao mostrador para información.
‐ O alumnado
desinfectará o seu posto despois do seu uso.
‐ Non se poderá coller
libros dos estantes; haberá que dirixirse ao mostrador da biblioteca ou
levantar a man e solicitarllo á persoa responsábel nese momento.
‐ So
poderán estar 2 persoas como máximo facendo fila no mostrador e
sempre coa distancia de 1,5 metros de separación entre elas. Se a fila estivera
completa o alumnado agardará fora da biblioteca.
‐ Os libros devoltos serán illados na caixa correspondente e será o equipo da biblioteca o encargado da súa colocación nos andeis, non antes dun día.
‐ So poderán utilizarse
os xogos de mesa de uso individual, desinfectándoos sempre antes
e despois do seu uso.
‐ Poderanse utilizar os ordenadores da biblioteca
para consultas e realización de traballos, facendo a desinfección dos
mesmos despois do seu uso. Para iso botarase o desinfectante nun pano, nunca
directamente no ordenador.
‐ Aplicaranse na
biblioteca as restantes normas de uso e protección polo protocolo covid das
outras aulas: uso de xel desinfectante e máscara, ventilación do espazo e
distancia de 1,5 metros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario