Imos intentar facer entre todos un vídeo no Grove amosando os números dende o 1 ata ... a ver onde chegamos!!!
Moitos de vos xa o coñecedes doutras linguas... Por exemplo: inglés EEUU, ou xaponés.
A idea é que cada participante diga a súa idade. Sería xenial ter un 0 e un 1...
Necesitamos a colaboración das vosas famílias e amig@s fóra do centro!!!
Para a gravación do vídeo...
- Escolle un fondo en lugares exterioriores do Grove: na rúa, nunha praia, nun monumento.
- Pon o móbil en horizontal.
- A persoa protagonista debe ter a idade que di.
- Que pronuncie tal e como se di ese número no Grove.
- Entrega a tarefa na aula virtual, engadindo como comentario o número que se trata. Tamén podes enviar un correo a xachodixemos@gmail.com
- Recolle en conserxería a autorización para a "Difusión da imaxe e voz" do protagonista. Tamén a podes imprimir dende aquí. IMPORTANTE diferenciar os menores de 14 dos maiores. Se o vídeo é correcto recollerémos a autorización que permite publicar o vídeo.
Os números ocupados irán publicándose na curso EDLG na aula virtual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario