venres, 26 de abril de 2024

25 de abril, Revolución dos Caraveis

Estamos hoxe aquí para conmemorar que o 25 de abril de 1974 en Portugal a xente saíu á rúa para reclamar o dereito a vivir en paz e en liberdade. Daquela non as había.

Unha canción de Zeca Afonso que soou en Rádio Renascença foi o punto de inflexión. Era o Grândola, vila morena, e falaba da forza da xente cando se xunta.

Vivimos nun tempo no que perdemos a consciencia do fráxiles que son estas circunstancias. Dámolas por sentado pensando que paz e liberdade son habituais, cando son apenas un suspiro nun lugar e nun tempo. Así nolo din os conflitos en aberto que hai no mundo: Palestina, Ucraína, Burkina Faso, Somalia, Sudán, Yemen, Myanmar, Nixeria ou Siria.

Compartimos mundo. Non o podemos esquecer. E para non facelo, cincuenta anos máis tarde usamos o Grândola outra vez para reclamalos. Emulando as palabras de Sés, que sirvan os seus versos para encarcerar a paz esquiva.

25 de abril, sempre!
(Texto da profesora Mónica Góñez) 







Ningún comentario:

Publicar un comentario