martes, 30 de xaneiro de 2024

VI Certame de Relatos Breves Montenegro

Xa comeza o VI Certame de Relatos Montenegro.

Podes acceder a toda a información pulsando na imaxe.


O Noso Grove

  


SÁBADO 13 DE XANEIRO DE 2024

 

Aparecen restos humanos nunha praia do Grove

 

O Grove / M. Peña 12/01/2024 21:37 H.

 

O alumnado do IES Monte da Vila atopou onte nunha praia do Grove unha man humana mentres participaba nunha recollida de bólas de plástico nos areais do concello.

Unha das docentes alertou a Garda Civil tras comprobar o estado do membro, que presentaba signos de violencia e descomposición e que apareceu entre as crebas que o mar deixara na area.

 

Os axentes efectuaron o traslado ao Instituto de Medicina Legal de Pontevedra, onde se practicou unha autopsia. Segundo fontes da investigación, a man non tiña pegadas dactilares, o que fai pensar que foron borradas intencionadamente para dificultar a identificación da vítima. Ademais, presentaba unha tatuaxe dun ollo dentro dun triángulo, un símbolo asociado a sociedades secretas e ocultistas.

 

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a orixe dos restos humanos.


Concurso de Fotografía

                       
BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 1.    O concurso está aberto ao alumnado pertencente e matriculado no centro e con acceso á aula virtual.

 2.   A participación no concurso será a través da aula virtual onde hai que automatricularse na categoría correspondente. (No Departamento de Debuxo podedes acceder ao curso Concurso de Fotografía. 

3.    Establécense as seguintes categorías:

·   Categoría A: 1º e 2º de ESO.

·   Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

·   Categoría C: Bacharelato e Ciclos formativos.

 

4. Cada avaliación haberá un concurso de fotografía con tres temas.

 

5. Pódese participar en calquera delas ou nas tres, cun máximo de 4 imaxes por tema.

 

6.  As imaxes presentaranse en formato jpg co nome do autor e número de fotografía no caso de presentar máis dunha.

 

7. As datas de entrega e os temas de cada trimestre indicaranse nos carteis expostos  nos corredores do instituto.

 

8. Premios: 

Por cada categoría o xurado escollerá unha ou máis fotografías gañadoras.

-  As persoas que as fixeran obterán un almorzo na cafetería e unha excursión ao final de curso.

- As fotografías gañadoras participarán nunha exposición de final de curso.




luns, 22 de xaneiro de 2024

Flores Anónimas




Queremos presentarvos esta bonita iniciativa das alumnas  Irene Casal, Julia Crespo, Noa Iglesas, Zaira Miniño, Lorena Navarro, Candela Torres, de 1º Bacharelato de Artes: rosas e tulipáns para unha persoa querida. 

                                  

Aínda acaba de comezar e xa son moitas as persoas que veñen de depositar a súa tarxeta na caixa de encargas de flores. 

O día 9 será moi especial para todos e todas.