venres, 11 de outubro de 2024
14 de outubro. Día das escritoras
luns, 22 de abril de 2024
Día do libro
Fermoso cartel do día do libro, elaborado por Lorena Navarro Cacheda, de 1º bacharelato, para conmemorar este día.
sábado, 25 de novembro de 2023
mércores, 16 de novembro de 2022
25 N - Zapatos vermellos
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o Equipo da Biblioteca e o EDLG van organizar unha pequena performance na entrada do centro.
A actividade, titulada "Nunca máis", é unha versión das instalacións da artista mexicana Elina Chauvet, nas que se visibilizan os feminicidios de Ciudad Juárez a través dunha serie e zapatos vermellos de mulleres.
As caixas para depositalos
(debidamente identificados na sola co nome e apelidos) estarán
dispoñibles ao lado das escaleiras da entrada do centro desde mañá xoves
17 ata o próximo xoves 24.
Anímate a participar!!
A nosa pequena instalación de zapatos vermellos.
venres, 28 de outubro de 2022
Samaín
Aproveitando a chegada do Samaín, organizamos no centro, dentro do VI Festival Montenegro, o II Certame de Micorrelatos.
No seguinte documento podes ler os relatos participantes nas diferentes categorías:
A: 1º e 2º de ESO. B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
C: Bacharelato e Ciclos formativos. D: Maiores de 18 anos.
O venres 28 de outubro, no segundo recreo, realizouse a lectura dunha parte deses microrrelatos.
Organizamos, ademais, un concurso de decoración de portas das aulas. Durante a semana do 24 ao 28 de outubro o alumnado, por grupos, foi decorando as portas das súas aulas.
O xoves 3 de novembro o xurado elixirá a porta máis terrorífica e orixinal e o grupo gañador disfrutará dun almorzo de medo na cafetería. As nosas recomendacións "terroríficas"
martes, 11 de outubro de 2022
17 de outubro. Día das escritoras
Aproveitando que o día 17, na 5ª sesión temos a Hora de Ler, o Equipo da Biblioteca do centro propón que se realice unha lectura compartida de varios textos de escritoras galegas, seleccionados por bibliotecas escolares, coa colaboración de Pilar Sampredo, Anxos Rial e Xosé Mª Lores.
Esperamos que disfrutedes da lectura!!
domingo, 3 de abril de 2022
21 de marzo. Día mundial da poesía.
O día 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía. O alumnado de 1º da ESO realizou acrósticos co seu nome e así de contentos posaron na exposición que se fixo na entrada do centro.
Temos que agradecer á profesora de lingua castelá, Tere Prol, esta iniciativa, xa que axuda a desenvolver a creatividade poética do alumnado.
mércores, 9 de marzo de 2022
Fotografía: Iñaki Méndez Maquillaxe: Alba Rivas
Modelos:
Audrey Hepburn: Érika Padín Coco Chanel: Camila de Seta
Agatha Christie: Paula Aguín Fida Kahlo: Luciana Cruz
Amy Winehouse: Natalia Torres
domingo, 28 de novembro de 2021
25 N
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Durante esta xornada realizouse unha mostra dos carteis cos que o alumnado pretendeu amosar a violencia e sufren as mulleres.
Baixo o lema de por que?, púxose nome ás mulleres mortas en España durante o ano 2021 por violencia de xénero.
Ás 11:10 todos os membros da comunidade educativa, ataviados con máscaras moradas, concentrármonos no patio para ler un manifesto contra a violencia de xénero e gardar un sentido minuto de silencio.
Hoxe queremos conmemorar o día contra a violencia de xénero, e polo tanto, gustaríanos que este minuto non só sirva para recordar as vítimas desta violencia, se non tamén para que cada un de nos reflexione sobre o feito de que todos somos iguáis, seres humanos, con ideas e pensamentos que merecen ser escoitados e que unhas voces non se deben escoitar máis que outras. Pensade como cambian as cousas cando nos respectamos e pouco a pouco camiñamos cara a igualdade. Agora iniciaremos o minuto de silencio, querémonos vivas a todas.
Ás veces tes que olvidar o que sintes e recordar o que mereces. (Frida Kahlo)
Carteis elaborados polo alumnado de 1º Bacharelato Artístico.
Maquillaxe: Alba Rivas Pérez
Diseño de cartel: Iñaki Méndez Mouriño
Fotografía e iluminación: Iñaki Méndez Mouriño
Modelos: Manuel Guillán Rivas, Érika Padín Rubianes, Camila Sol de Seta Martínez.
xoves, 28 de outubro de 2021
luns, 18 de outubro de 2021
15 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS
Cada ano, esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón dos Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.
Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo.
En 2021, o Día das Escritoras celebrouse o día 18 de outubro, a comisaria é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema elixido é “Ler as idades da vida”.
Así o explica a comisaria no seu texto de introdución: “A nosa primeira biblioteca foi de aire, en forma de canto ou de conto. En forma de palabras que se fiaban as unhas ás outras e ían espertando nosa diminuta conciencia. Nais, avoas, tías. Mestras. Amigas. E na viaxe do tempo, eramos nenas, adolescentes, novas, mulleres maduras; xa foramos agora, todas xuntas, porque os libros foran recollendo as nosas idades. As idades da vida. Unha biblioteca no corazón. Día das escritoras”
mércores, 10 de febreiro de 2021
venres, 14 de febreiro de 2020
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
A proposta contou coa colaboración de gran parte do alumnado de FPB1, 3ºESO e 4ºESO, que se animou a buscar información e resumir os detalles mais relevantes da vida e do traballo dalgunhas mulleres de ciencia. O resultado final está exposto nas paredes do instituto.







.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)





