Amosando publicacións coa etiqueta Novela negra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novela negra b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 11 de febreiro de 2021
domingo, 31 de xaneiro de 2021
II CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO 2021
Arranca o IV Festival Montenegro de Arte e Novela Negra co II Certame de Poesía Montenegro 2021.
Pulsa na imaxe para acceder ás bases
Data límite de entrega: 28 de febreiro
domingo, 25 de outubro de 2020
Entrega premios Certames Literarios III Festival Montenegro
Este pasado mércores 21 tivemos a oportunidade de
reunirnos por fin para a entrega de premios do III Certame Literario
Festival Montenegro.
Foi unha gala canto menos
estraña e diferente pero conseguimos levala a cabo grazas á axuda de
todos e todas, tanto da organización coma dos asistentes.
Os
primeiros en recibir os premios foron os gañadores/as e finalistas do I
Certame de Poesía. Desde os máis pequenos ata os máis grandes
notábaselles ben orgullosos dos seus logros aínda que non lle podíamos ver o
sorriso por culpa da máscara.

Os seguintes
en recibir o premio foron os gañadores/as e finalistas do II Certame de
Relato Curto. A estes tamén se lles vía ben contentos, unha pena non
poderlles ver ben a cara...
Este ano a
participación nestes dous concursos foi inmensa e así houbo casi 60
poemas e casi 60 relatos de distintas persoas.
Grazas a todas as persoas que participaron e esperamos que se anime ainda máis xente xa que no fondo
todos levamos un artista dentro.
Pablo Pazos. 1º bacharelato C.
Para ver máis fotos da entrega de premios podes visitar este enlace.
sábado, 7 de marzo de 2020
venres, 28 de febreiro de 2020
M. Antonia Huertas
Sergio Vera Valencia
martes, 7 de maio de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
ENTREGA DE PREMIOS CERTAME LITERARIO
A tarde do xoves 4 de abril fíxose entrega dos premios aos gañadores e
finalistas dos relatos curtos baseados nos acontecementos de ‘Lúa de sangue’. O
acto celebrouse na Sala de Cunchas do concello do Grove na que se espuxeron as
obras realizadas polo alumnado do IES Monte da Vila, que estaban inspiradas no
ambiente mariñeiro no que se desenvolve a historia de ‘A praia dos
afogados’.
As profesoras do IES Monte da Vila, Clara M. Vindel e Josebe Arrillaga Chopitea, fixeron unha pequena presentación do acto. Clara comezou recordando en que
consistía e cal era o obxectivo principal do Festival Montenegro de Arte e Novela Negra e Josebe sinalou que nesta segunda edición se organizaron dous certames literarios que xiraron arredor das obras dos escritores invitados. Este festival
pretende sumerxir ao alumnado nos mundos da lectura, escritura e a arte, promovendo a súa creatividade.
Participaron nestas dúas edicións diferentes escritores: Domingo Villar, Joe Álamo e Jon Arretxe, ademais de personalidades relacionadas coa novela negra como é o caso de Sergio Vera.
A celebración destes festivais fíxose posible grazas a un enorme esforzo por
parte do IES Monte da Vila e o Concello do Grove, que se uniron co propósito de
fomentar a cultura.
Por parte do concello falou Pili Galiñanes, desde a Concellaría de Cultura,
agradecendo o traballo do instituto e as súas iniciativas, así como a
participación, tanto por parte do alumnado como polas persoas maiores de 18
anos que tamén se animaron a escribir.
Domingo Villar tamén fixo a súa aportación nesta sesión, agradecendo ao instituto por invitalo ao festival e aos participantes polo seu esforzo. Dirixíndose
a estes últimos, Domingo afirmou que as obras contaban cunha gran calidade e animounos a seguir escribindo e a facelo con
paixón e sentimento.
A sesión pechouse coa entrega de premios de relatos curtos e coa
inauguración da exposición das obras feitas por alumnado de técnicas de
expresión gráfico plásticas de bacharelato e por alumnado de educación plástica
e visual de 4º da ESO.
O IES Monte da Vila xa está agardando a III edición do Festival de Novela
Negra.
Reseña de Daniel Pazos Parada de 2º bacharelato A
Reseña de Daniel Pazos Parada de 2º bacharelato A
sábado, 6 de abril de 2019
ENCONTRO DE DOMINGO VILLAR COAS MULLERES DO CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
As mulleres do club de lectura da biblioteca municipal do Grove estiveron no noso centro durante a mañá do 4 de abril para participar nun encontro co escritor Domingo Villar.
Durante as últimas semanas as integrantes deste club estiveron lendo unha das obras do escritor, A praia dos afogados.
O escritor foi moi cercano e todas disfrutaron da conversación. Domingo leu tres dos seus relatos breves e todas quedaron cautivadas coas súas historias e o xeito de contalas.
ENCONTRO CON DOMINGO VILLAR DO ALUMNADO DO IES MONTE DA VILA
O pasado xoves 4 de abril viviuse no instituto IES Monte da Vila unha sesión especial na que un escritor de renome dentro do panorama nacional como Domingo Villar estivo co alumnado do centro resolvendo dúbidas sobre a súa obra ‘A praia dos afogados’ e contándonos o seu percorrido e as súas experiencias ate conseguir ser escritor.
Comezou a conferencia con diversas preguntas sobre a obra nas que o seu autor revelou que introducía pequenos compoñentes da súa vida real nas súas composicións e personaxes de cine como Rebeca Leira, sacada dunha película de Hitchcock.
A pesar de que a obra presente de forma minuciosa o sistema de funcionamento da policía, Domingo admitiu que el non falara con ningún membro do corpo para descubrilo, pero si admitiu realizar un extenso traballo de campo en cada ámbito sobre o que escribe.
Respecto á súa vida, Domingo Villar sempre tivo a ilusión desde que era un neno de ser escritor. Cría que tiña medios e habilidades suficientes para conseguilo, así que desde aquela dirixiu todos os seus esforzos para cumprir o seu propósito.
Comezou a escribir discursos, artigos de revista e outra serie de escritos para cultivarse no ámbito.
Despois fundou unha produtora cos seus amigos que chegaría a ter un gran éxito coa realización da obra de teatro ‘Dous homes sen destino’ dirixida por Álex de la Iglesia, entre outros. Despois dunha serie de acontecementos desafortunados a produtora rematou quebrando.
Domingo Villar non cesou nos seus intentos e escribiu ‘Ollos de auga’, a súa primeira obra, que foi aceptada por unha serie de editoriais, sendo Galaxia a elixida finalmente polo escritor.
Domingo afirma que non se imaxinaba vivir unicamente da escritura como agora e que isto é froito de moito traballo e esforzo.
As súas obras gozan de especial recoñecemento incluso a nivel internacional. A súa obra ‘A praia dos afogados’ foi traducido a varios idiomas.
Para alcanzar ese éxito o autor di que a clave está en escribir emocionado para así provocar ese efecto no lector, de feito, a súa última obra ‘O último barco’, volveuna a escribir de cero porque non lle gustaba o efecto que provocaba.
O encontro rematou cun discurso de Domingo Villar dirixo ao alumnado, animándonos a facer aquilo que máis lles apaixonara sempre e cando contasen con habilidades para iso e que nunca deixaran de loitar polos seus soños.
Moitas grazas Domingo Villar.
Reseña de Daniel Pazos Parada de 2º bacharelato A
Vídeo de Brais Míguez de 2º bacharelato A
venres, 22 de marzo de 2019
EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS
Esta tarde moitos alumnos e alumnas e persoas do pobo, xunto con parte do profesorado, o alcalde e Joe Alámo, encontrámonos na “Sala das Cunchas” do concello para a entrega de premios do concurso literario baseado no libro de novela negra de Tom Z Stone, que previamente léramos completo ou por partes.
O primeiro é dicir que tanto os profesores, como o alcalde e o autor do libro dedicaron unhas palabras, tanto para os relatos escritos como para as obras expostas na sala contigua, das que falaremos máis tarde.
Tras isto procedeuse a presentación do libro Tom Z Stone xunto coa entrega de premios do certame e, á súa vez, a lectura dos relatos gañadores.
Todo isto fixo que moita xente se dera conta da capacidade e a arte que ten a xuventude para relatar e crear obras escritas ou plásticas.
Despois, para finalizar, os poñentes e demais asistentes desprazáronse ata a “Sala das Dornas”, onde estaban expostas as obras plásticas, neste caso libros de artista, que os alumnos realizaran baseándose en diferentes personaxes, partes ou conceptos da obra de Joe Alámo.
Reseña de María Rodríguez
domingo, 24 de febreiro de 2019
ENCONTROS CON JOE ÁLAMO
O venres 22 de febreiro o alumnado do IES Monte da Vila recibiu con especial gratitude ao escritor Joe Álamo, autor do libro Tom Z Stone.
Esta novela trata sobre unha historia de misterio protagonizada por un zombie ‘reanimado’ chamado Tom que investiga un caso que comeza cunha infidelidade, que levará ao protagonista ata o límite das súas capacidades e a sentirse persoa grazas á súa secretaria Mati. O peculiar desta obra é a existencia duns seres denominados “reanimados”, persoas que no día do F.R. (Fenómeno de Reanimación) volveron á vida desde a morte, coma zombies.
O autor, inglés de nacemento, centrou a súa conferencia nos seus espectadores, pois desde o Departamento de Debuxo do Centro propúxose a creación dun proxecto artístico relacionado coa súa obra, "Libros de artista". O escritor pretendeu descifrar as causas que levaron aos seus lectores a crear as súas obras e cales foron as súas fontes de inspiración.
A sesión comezou co agradecemento por parte de Joe ao instituto por convocalo e traelo até aquí (traxecto que realizou en avión, ao que lle ten algo de pánico). Admitiu que para el era unha gran honra estar alí grazas ao recoñecemento dalgunha das súas obras.
Sobre a súa personalidade e o seu camiño no mundo da escritura, Joe empezou a escribir aos 46 anos, cando unha revista publicou un dos relatos curtos que el lle mandara previamente sen moitas esperanzas de resposta. Por esta pequena publicación, Joe recibiu boas críticas polo que continuou escribindo varios relatos até que publicou as súas propias obras. A primeira delas foi O Enviado en 2007, mentres que Tom Z. Stone foi a súa terceira obra e publicouse en 2011.
Para esta última obra a editorial propuxéralle facer un libro de ‘zombies’. Joe non é un gran amante dos ‘zombies’, polo que decidiu darlles outra connotación creando o FR e representando a discriminación á que está sometida algunhas persoas sen ningunha razón, salvo os prexuízos.
A medida que se ía desenvolvendo a charla, os alumnos e alumnas describían os seus proxectos, que impresionaron consideradamente a Joe, quen quedou totalmente abraiado; durante estas explicacións Joe resolvía dúbidas do alumnado. O autor admitiu que o personaxe de Tom estaba baseado en certo modo na súa figura, pois ambos se mudaron de Londres a Valencia, gústalles ir aos bares e ademais comparten afeccións como fumar (aínda que actualmente Joe xa non fuma coma antes). Ademais, revelou que as personaxes que aparecen na novela, moitas delas, son representación dos ‘sabios dos bares’, é dicir, das típicas persoas que están na barra do bar e sempre teñen razón porque saben todo de todos os temas posibles.
Outros elementos da obra, como que a vida dos reanimados durase tan só catro anos débese á influencia que as películas provocan nel (Joe é un gran afeccionado ao cine). Neste caso eses catro anos de vida relaciónanse cos mesmos que posúen ‘os replicantes’ en Blade Runner. En relación a isto último, a vida dos nenos reanimados é máis curta debido a que Joe ten unha gran dificultade á hora de falar de nenos ou abusos, polo tanto “mátaos para non sufrir”.
Non obstante, o máis importante da súa obra, segundo el, é facer crer ao lector que Tom Z realmente pode existir e que o día do FR pode darse e, de feito, sucedeu e por iso agora estamos rodeados de zombies. Para conseguir isto o lector ten que crearse unha imaxe dos zetas, sobre todo, de Tom. Polo que o autor lle dá unha voz propia a Tom, é dicir, unha forma característica de falar, que se basea en dicir o que pensa, incluíndo tacos ou expresións malsoantes.
A pesar de que este encontro trataba sobre a obra de Tom Z. Stone, ademais de deixar claro que é un fantástico escritor, Joe Álamo, amosou os seus valores que realmente son os que o levaron a ler tanto e agora a ter éxito no ámbito da literatura e que fan del unha persoa fascinante.
Moitas grazas Joe Álamo.
Reseña de Daniel Pazos de 2º bacharelato A
Vídeo de Brais Míguez de 2º bacharelato A
xoves, 21 de febreiro de 2019
DEBUXO CREATIVO CON MANEL CRÁNEO
O xoves, 21 de febreiro, Manel Cráneo
visitounos para axudarnos a expandir os nosos intereses artísticos co debuxo.
Primeiro, deu unha clase para o Club de Lectura do Cómic sobre iniciación á banda deseñada na que Manel nos falou sobre a historia que acompaña a este tipo de ilustracións e deunos claves para poder crear as nosas propias ilustracións mellor do que o faciamos.
Tras isto, o artista reuniuse cos alumnos de
Técnicas Gráfico Plásticas para dar unha clase bastante diferente a anterior
sobre Sentidos Debuxados. Esta vez os alumnos exploraron o debuxo e a
imaxinación desde distintas perspectivas creativas co fin de comprender que as
artes son un pilar fundamental na educación, e incluso no noso día a día, ao
igual que o son as linguas e as matemáticas. Esta foi unha mensaxe que calou no alumnado
nesta charla tan creativa.
Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B
Vídeo de Brais Míguez de 2º Bacharelato A
INVISIBLES. RELATOS DO MALTRATO
Invisibles :Un día tal como hoxe, mércores 20 de febreiro, visitounos no instituto Montse Fajardo, autora de tres libros entre os que se encontra Invisibles.
A maioría de nós entramos na sala pensando que Montse falaría principalmente do seu libro, pero foi moito máis que iso.
Ela explicounos como foi escribir unha obra tan sensibilizadora e tratar coas vítimas de maltrato das que fala Invisibles e doutras.
Montse afondou nas historias ata transportarnos a esas historias de terror que moitas mulleres e nenas viven día a día.
Falounos de como non existe un perfil de muller maltratada, de como o maltrato non é só levar unha malleira, de como a muller non é sempre a única vítima dado que moitas delas teñen fillos e de como o sistema non sempre é todo o efectivo que debería ser.
Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B
Vídeo elaborado por Brais Míguez, alumno de Imaxe e Son de 2º Bacharelato A
luns, 18 de febreiro de 2019
CERTAME LITERARIO DE RELATOS MONTENEGRO. DOMINGO VILLAR
CERTAME
LITERARIO DE RELATOS MONTENEGRO 2019
Xénero: Relatos breves de temática negra baseados na nova “Lúa
de sangue” (ver máis información máis abaixo).
Trátase dunha homenaxe á obra de Domingo Villar A praia dos
afogados.
Convoca: IES Monte da Vila do Grove (Pontevedra).
_____________________________________________
Bases:
1. O concurso está
aberto a calquera persoa, podendo participar en calquera das seguintes
categorías segundo as súas circunstancias:
• A: 1º e 2º de ESO.
• B: 3º e 4º de ESO e
FP Básica.
• C: Bacharelato e
Ciclos formativos.
• D: Calquera persoa
maior de 18 anos.
3. Os textos estarán
escritos en galego, con letra Times New Roman, tamaño 14, cun máximo de 2000
palabras.
4. Serán orixinais e
inéditos, e basearanse no suceso reflectido na nova “Lúa de sangue” que figura
máis abaixo. Tamén se achega un “arquivo policial” que contén as fotos de
diferentes obxectos atopados no lugar que poden (ou non) resultar relevantes de
cara ao desenvolvemento do relato. É dicir, os participantes poderán usar de
xeito completamente libre o suceso, as circunstancias e indicios que o
acompañan.
5. A data límite de
recepción de traballos é o 20 de marzo ás 23:59h.
6. Premios: os
gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán un lote de libros, incluída a última novela de
Domingo Villar dedicada polo autor, e un Diploma como recoñecemento aos méritos
das obras premiadas. Os finalistas de cada categoría tamén recibirán un diploma
acreditativo e unha obra de Domingo Villar dedicada.
7. Xurado: Estará composto por membros do corpo docente e persoal da Biblioteca Municipal do Grove. O
xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
8. Os premios entregaranse o xoves 4 de
abril na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove.
9. Os relatos dirixiranse ao correo electrónico: bmontedavila@gmail.com.
Enviaranse dous documentos, o de inscrición cos datos solicitados, e o relato,
no que se incluirá ao comezo só o título (ningunha referencia ao autor ou
autora).
Calquera consulta ou dúbida poderá dirixirse ao profesorado da biblioteca ou ao correo electrónico citado anteriormente.
Calquera consulta ou dúbida poderá dirixirse ao profesorado da biblioteca ou ao correo electrónico citado anteriormente.
sábado, 16 de febreiro de 2019
venres, 15 de febreiro de 2019
TRALAS PROBAS DO CRIME
XA TEMOS AS PROBAS DO CRIME POLOS CORREDORES DO CENTRO.
HAI QUE IR PREPARÁNDOSE PARA ESCRIBIR SOBRE O QUE PASOU!!!!!!!
xoves, 14 de febreiro de 2019
II FESTIVAL MONTENEGRO
II FESTIVAL MONTENEGRO
ARTE
E NOVELA NEGRA
Pimeiras
Xornadas do 20 ao 22
de febreiro
Mércores 20 de Febreiro
IES
MONTE DA VILA ao longo da mañá e dirixido ao alumnado de
bacharelato.
Montse
Fajardo: Presentación do libro e encontro coa autora do libro
“Invisibles” sobre a violencia de xénero.
Xoves 21 de febrero
IES
MONTE DA VILA ao logo da mañá e dirixido ao alumnado.
Manel Cráneo: Obradoiros de Ilustración en banda deseñada e Sentidos debuxados.
Venres 22 de febrero
IES
MONTE DA VILA ao longo da mañá e dirixido ao alumnado.
Joe
Álamo: presentación do libro e encontros co escritor da novela
negra “Tom Z. Stone”
CASA DAS CUNCHAS: as 18:00
Inauguración
da exposición Libros
de artista coas
obras plásticas feitas polo alumnado de Volume e TEGP do Instituto
Monte da Vila, vinculadas á triloxía Tom-Z.
Joe Álamo: Encontro co autor e presentación do seu libro Tom Z. Stone.
Entrega de premios do concurso de relato corto FR e lectura dos relatos gañadores.
venres, 7 de decembro de 2018
CERTAMEN LITERARIO MONTENEGRO DE RELATOS BREVES 2018/19
Detalles de la convocatoria
Género: Relatos breves de corte fantástico basados en el mundo de las novelas de “Tom Z. Stone”.
Convocantes: IES Monte da Vila de O Grove (Pontevedra). Editorial Cazador de Ratas y, en su representación, el autor J.E. Álamo.
Participan: alumnado de ESO, Bachillerato y FP y toda la comunidad de O Grove.
Categorías:
• A: 1º y 2º de ESO.
• B: 3º y 4º de ESO y FP Básica.
• C: Bachillerato y Ciclos formativos.
• D: Comunidad de O Grove.
Fecha de cierre: 20 de enero de 2019
Premios: Los cuatro mejores
relatos recibirán un lote de libros aportado por Cazador de Ratas, incluida la
obra “Tom Z. Stone, The Fool on the Hill” firmada por el autor. Diploma
aportado por el instituto IES Monte da Vila de O Grove como reconocimiento a los
méritos de las obras premiadas, que se leerán en un acto público durante el II
Festival Montenegro de arte y novela negra y, publicación de los mismos.
Jurado: Estará compuesto por
miembros del cuerpo docente del instituto Monte da Vila de O Grove y J.E.
Álamo.
________________________________________
Bases para la participación
1. El certamen literario convoca a los/as
autores/as a participar con una obra consistente en un relato con un máximo de
500 palabras. No hay mínimo de palabras.
2. Pueden participar todos los alumnos del IES
Monte da Vila y cualquier miembro de la comunidad de O Grove mayor de 18 años
que lo desee (profesorado, exalumnos, ...)
Los textos
estarán escritos en castellano, con letra Times New Roman, tamaño 14. Serán
originales e inéditos y se basarán en el mundo recreado en las novelas de Tom
Z. Stone de J.E. Álamo. No es necesario que aparezcan los personajes creados
por el autor, solo el mundo en el que estos se mueven, en particular en lo
relativo al Fenómeno de Reanimación.
3. Los relatos serán enviados al siguiente
correo electrónico: bmontedavila@gmail.com. Se enviarán dos documentos, el documento de inscripción con los datos solicitados y el relato, en el que se incluirá al principio del mismo solo el título.
Para consultas o dudas dirigirse al profesorado del centro o al correo electrónico incluido para el envío de relatos.
Para consultas o dudas dirigirse al profesorado del centro o al correo electrónico incluido para el envío de relatos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























