Amosando publicacións coa etiqueta Etiquefás. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Etiquefás. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de febreiro de 2019

PAPIROFLEXIA. PABLO VILLANUEVA

O pasado venres 1 de Febreiro, puidemos gozar na Biblioteca da terceira sesión de Etiquefásss!!??

Pablo Villanueva, como un gran experto en papiroflexia, puxo todo o seu empeño en ensinarnos a facer un dragón e fomos conscientes de que iso de dobrar papel, non é tan fácil como parece.

 Estade atentos ao taboleiro da entrada da Biblioteca para ver cal será a próxima sesión.
Grazas aos que se animaron a probar.





Grazas Pablo por esta sesión de papiroflexia. Grazas tamén ao alumnado da materia de Imaxe e Son que realizou estes dous vídeos para que gardemos un bo recordo.




mércores, 30 de xaneiro de 2019

ETIQUEFÁSSSS!!??

Este venres 1 de febreiro no 1º recreo teremos a Pablo Villanueva de 3º ESO nunha sesión de papiroflexia na que nos ensinará a facer un dragón.

VÉMONOS!!!!!!!!!

mércores, 9 de xaneiro de 2019

ETIQUEFÁS!!??


O día 14 de Novembro puidemos gozar de Juanes ( 4°ESO) e a súa guitarra eléctrica, na segunda sesión de ETIQUEFÁS!!??

Escoitamos " Californication" de Red Hot Chili Peppers e unha chea de punteos rockeiros dos que nos gustan.

Comprobamos que a nosa acolledora biblioteca é , ademais, un estupendo auditorio improvisado.

Grazas a todos os que viñestes de público e ata a próxima sesión.

Atentos ao cartel da entrada da biblioteca e aos taboleiros dos corredores!!!!!





mércores, 28 de novembro de 2018

ETIQUEFÁS!!?? 22 NOVEMBRO


O xoves 22 de novembro tivemos a nosa primeira actividade de ETIQUEFÁS!!??

 

As alumnas Paula Filgueira de 2º ESO B e Laura García de 2º ESO A deseñaron un taller de debuxo. A experiencia foi moi positiva. Nas fotos podemos ver que o alumnado participante disfrutou moito con esta actividade. Foron unhas profesoras de debuxo escepcionais.




















                  








Vémonos no próximo ETIQUEFÁS!!???

luns, 12 de novembro de 2018

ETIQUEFÁS!!??



POIS ISO... TI QUE FAS?


QUE SABES FACER? QUERES ENSINÁRNOLO ?

BAILAS? CANTAS? FAS MAXIA? DEBUXAS? 
ALGUNHA OUTRA COUSA?

POIS QUEREMOS QUE TODO O MUNDO O VEXA!!!!!

VEN Á BIBLIOTECA! NOS PRIMEIROS RECREOS CADA DOUS VENRES TES UN ESPAZO PARA TI PARA QUE AS TÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DISFRUTEN, TE APLAUDAN E APRENDAN.

TES ALGUNHA IDEA? FALA CON ÁNGELES OU IAGO PARA PREPARALO TODO.

AGARDÁMOSTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!