Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de maio de 2022

Xuntanza do club de lectura

Hoxe celebramos un novo xantar literario para falar sobre a novela que nos tiña entretidos. 



De novo, falamos, rimos e pasamos un bo anaco de tempo grazas á lectura. 



Ata a próxima sesión do noso club de lectura!!! 

domingo, 27 de marzo de 2022

Xuntanza do Club de Lectura.

O xoves 24 de marzo tivemos unha nova xuntanza do noso club de lectura. Nesta ocasión conversamos arredor de Oito días sen Eva Cortes, unha novela de Sara Alonso que nos ten moi intrigados!!!

Estamos desexando chegar ao desenlace para coñecer o que acontece coa protagonista!!!


martes, 14 de decembro de 2021

Hoxe pasámolo estupendamente no noso         "Xantar literario"!! 

Xantamos, falamos, rimos, conversamos... arredor de Invisible, a novela que nos acompañou no noso Club de Lectura.

 
  

E así, cunha boa xornada lectora, despedimos o club ata despois do nadal. 

 

Boas festas!!!

venres, 22 de outubro de 2021

Montelibro

Con moita ilusión,  comezamos a nosa andaina literaria deste curso!!!

 O club de lectura Montelibro reuníuse esta mañá para o reparto de exemplares de Invisible, da escritora Laida Martínez, e para poñer en común as nosas expectativas sobre a novela.

 
Vémonos na próxima xuntanza!!!

xoves, 3 de xuño de 2021

A froita, a mellor lambonada

Esta avaliación estivemos desmontado varios mitos alimentarios na materia de Anatomía Aplicada.

Fixémolo, principalmente, baseándonos no libro "El jamón york no existe" da, xa famosísima nutricionista, Boticaria García. Ademais algúns e algunhas de nós implicámonos no proxecto Froita na escola desde a asignatura de Promoción de Estilos de Vida Saudable, co obxectivo do fomentar o seu consumo. 


Ao rematar ambas actividades quixemos montar este pequeno vídeo, para transmitirvos o interesantes e necesarias que resultaron, pois, como un día dixo o poeta Virgilio, "a mellor riqueza dunha persoa é a súa saúde". 

Reseña de Carmela García Salgado, 1º Bacharelato A

                                        Neste enlace podes ver o vídeo en youtube

mércores, 30 de outubro de 2019

CLUB DE LECTURA: A TODORERÍA

POÑÉMONOS EN MARCHA CO LIBRO: LA TODORERÍA DE SILVERIUS KLAMP


Cantos de nós soñamos algunha vez con mercar algo que non se vende? A píldora da felicidade, un boleto de lotería que sempre toca, tempo, saúde... e poderiamos seguir así indefinidamente.


O pasado mércores día 23 de outubro os alumnos e alumnas do IES Monte da Vila tiveron a oportunidade de coñecer “La todorería de Silverius Klamp”, o lugar perfecto no que atopar un anaco de maxia.

Dende o equipo da biblioteca tratouse de animar a todo o alumnado para que asistisen á presentación do libro, que tivo lugar durante a tarde do venres 25 de outubro e que permitiu aos asistentes pasar un bo rato coñecendo a Irene Cortés, autora da obra e veciña do Grove.

A xuntanza foi do máis gratificante pois desfrutamos escoitando a algúns dos nosos coñecidos lendo diversos fragmentos da todorería antes de achegarnos á escritora para que asinase os nosos exemplares. Ademais, temos que confesar que o alumnado do IES Monte da Vila saíu vitorioso levando tres dos catro libros sorteados durante a presentación.



Esta mesma mañá, durante o primeiro recreo reuniuse un pequeno grupo de alumnos e alumnas para dar inicio ao primeiro club de lectura deste curso. O obxectivo é desfrutar lendo e comentando os detalles da todorería de Silverius Klamp pero quen sabe se ao final atopan un lugar onde mercar un notable, un sobresaliente, ...


Esperamos que esta reunión só sexa a primeira de moitas. ¡Que empece a aventura!

mércores, 22 de maio de 2019

O CLUB DO CÓMIC VAI DE COMPRAS

Que boa tarde pasou o alumnado do club do cómic e a profesora Ángeles de compras nunha librería do Grove. 
As novas adquisicións para a sección do cómic da nosa bibilioteca chegan da man deste gran grupo de lectores e lectoras de banda deseñada.
  Unha gran experciencia!!!!






martes, 30 de abril de 2019

CLUB DE AMBER

O día 26 de abril volveuse a reunir o alumnado que forma parte deste club de lectura para falar do interesante que lles resultou a lectura da obra Niebla.

Aproveitaron, ademais, para coñecer algo máis sobre a linguaxe braille, xa que a protagonista do libro que estiveron a ler é unha policía cega.


Andrea propuxo o seguinte libro como nova lectura


venres, 15 de febreiro de 2019

Club do Cómic


Hoxe tivemos unha nova reunión do club do cómic porque tiñamos que ir preparándonos para a visita de Manel Cráneo. 


Cantas ganas temos xa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




luns, 11 de febreiro de 2019

O Club de Amber

A alumna de 3º ESO Andrea Galego Muñiz, que forma parte do voluntariado da nosa biblioteca, vai coordinar a partir de mañá un novo club de lectura.


Este primeiro encontro xirará arredor do libro Niebla de Andreas Pflüger.
Animádevos a vir!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


"Hace cinco años perdió la vista.
Entonces pensó que era el peor día de su vida.
Pero estaba equivocada.El peor día de su vida es hoy.

En su vida anterior, Jenny Aaron fue detective de un grupo especial de la policía alemana, una unidad de élite tan secreta que nadie puede solicitar entrar: ellos te eligen a ti. Pero, tras una arriesgada misión fallida en Barcelona, Jenny quedó ciega.


Cinco años después, Aaron recibe una llamada: sus antiguos colegas de Berlín la necesitan. Reinhold Boenisch, un asesino en serie al que ella envió a prisión, ha matado a la psicóloga de la cárcel. Jenny decide aceptar el caso y afrontar su pasado. Pero Boenisch es solo el principio. El reloj se ha puesto en marcha y sus enemigos la tienen en su objetivo. Aaron no puede ver, pero sigue siendo lo que siempre ha sido: una brillante investigadora y, sobre todo, una mujer con voluntad de hierro. Pronto se da cuenta de que lleva toda su vida preparándose para las próximas 36 horas. Y de que si quiere sobrevivir tendrá que luchar con todas sus fuerzas"




venres, 25 de xaneiro de 2019

O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA



Hoxe botou a andar o novo club de lectura para 1º e 2º da ESO, coordinado polo profesor Serxio Folgueiras Arias.

O libro escollido para este trimestre é  O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas.


Carlota é protagonista xa de media decena de libros; entre eles os seus tres diarios: o diario violeta, o vermello e o azul.

Neles a adolescente preséntanos a través da súa vida problemas presentes na nosa sociedade.


Neste libro Carlota observa o mundo a través das súas gafas violetas e descobre en todas partes prexuízos contra as mulleres.


Quen se inventou que en asuntos amorosos os mozos teñan que tomar a iniciativa?


Por que o azul ten que ser a cor dos mozos e o rosa o das mozas?

O diario violeta de Carlota trata con humor e agudeza a situación da muller no mundo actual. Carlota convídanos a utilizar as súas lentes de cor violeta que nos van a permitir detectar situacións inxustas e desenmascarar as actitudes machistas.




Imaxe relacionadaResultado de imaxes para o diario azul de carlota




Resultado de imaxes para el diario de flanagan

Flanagan, o mozo que Carlota coñece no diario vermello de Carlota, é o protagonista dunha extensa colección de misterio dos autores Andreu Martí e Jaume Ribeira. Á vez que Carlota escribe o seu diario, Flanagan fará o mesmo pola súa conta.

luns, 3 de decembro de 2018

Club de lectura NOVEMBRO


Como podedes ver, cada vez somos máis no club de lectura. É unha actividade que está resultando moi atractiva para o alumnado e moi gratificante para Ángeles, a profesora que organiza estas reunións.


No primeiro recreo acordamos facer uns debuxos para presentarlle a Manel Craneo, que virá ao noso centro a impartir un obradoiro.

En xaneiro, temos a idea de facer ilustracións sobre zombies para o II Festival de Arte e Novela Negra, en referencia á obra Joe Álamo, Tom Z.


A recomendación para a segunda reunión é "A mansión dos Pampín" de Miguel Anxo Prado. Recomendóuselles tamén o maravilloso libro Ardalén e a curtametraxe De Profundis.

 

Tamén solicitamos recomendacións dos membros do club de lectura para a próxima compra de exemplares antes de Nadal.

 










venres, 9 de novembro de 2018

REUNIÓN CLUB LECTURA OUTUBRO


   O día 26 de outubro tivemos as primeiras reunións do club de lectura durante os dous recreos. 






  Sabemos que imos ser máis porque cada vez hai máis rapaces e rapazas preguntando cando vai ser a seguinte reunión porque teñen moito interese en asistir.




    




Como está a piques de comezar novembro, mes do Samaín, eliximos como lectura "COUSAS DE MORTOS"

 


















de MANEL CRÁNEO.




  Aquí tedes algunhas outras das súas obras:












































Planeta Mincha é un proxecto multidisciplinar de ciencia ficción fantástica creado polo autor Manel Cráneo e adaptado a diversos soportes como o editorial, audiovisual, merchandising ou mesmo o mundo das galerías de arte.