mércores, 9 de xaneiro de 2019

A NOSA BIBLIOTECA SEGUE A CAMBIAR

Desde que comezamos este curso, estamos a facer cambios na nosa biblioteca. 


Tentamos poñer todo o noso empeño para que sexa un espazo cada vez máis aberto a toda a comunidade educativa.


Temos novo mobiliario: mesas e cadeiras, persianas e estores, estantes novos para a sección de cómic, pufs,... 


 
                                                         


Moi pronto imos ensinarvos o noso equipo de alumnado voluntario da biblioteca.


E recordade que seguimos buscando un logo.


Compramos varios xogos para poder ter unha colección para o alumnado que queira achegarse a gozar deles nas horas de lecer.


Estamos tamén ampliando a colección de cómic e moi cedo amosaremos todas estas novidades.



Ningún comentario:

Publicar un comentario