Tendo en conta as mareas, barallamos dúas datas para a xornada:

http://www.youtube.com/watch?v=_2feaxvjUg
Dadas as dimensións das obras e a alta participación de alumnado, aconséllase que os grupos sexan, na medida do posible, de entre 3 a 6 persoas. É moi práctico traer nunha caixiña unha pequena maqueta en plastilina do traballo que se quere realizar.
Os materiais que se necesitan para o desenvolvemento do proxecto son: caldeiros grandes, seiróns (capachos), pas, espátulas e útiles para modelar, así como distintos elementos (ecolóxicos) para decorar. Non esquezades traer roupa cómoda nin protexervos con parasoles, chapeus de praia, cremas protectoras...
Para
garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da xornada o Concello do Grove
activará un dispositivo de vixilancia específico a cargo de Protección Civil.
Se
vos apetece a idea de traballar o tema do volume na praia e que o voso alumnado
comparta proxectos coa rapazada dos distintos niveis da ESO e Bacharelato
doutros centros, pregamos que vos poñades en contacto coa coordinadora.
Coordinadora da Xornada:
Josebe Arrillaga(josebe@edu.xunta.gal)
Correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es
Correo da Biblioteca: bmontedavila@gmail.com
Teléfono do IES Monte da Vila: 886151412
Ningún comentario:
Publicar un comentario