luns, 3 de decembro de 2018

Club de lectura NOVEMBRO


Como podedes ver, cada vez somos máis no club de lectura. É unha actividade que está resultando moi atractiva para o alumnado e moi gratificante para Ángeles, a profesora que organiza estas reunións.


No primeiro recreo acordamos facer uns debuxos para presentarlle a Manel Craneo, que virá ao noso centro a impartir un obradoiro.

En xaneiro, temos a idea de facer ilustracións sobre zombies para o II Festival de Arte e Novela Negra, en referencia á obra Joe Álamo, Tom Z.


A recomendación para a segunda reunión é "A mansión dos Pampín" de Miguel Anxo Prado. Recomendóuselles tamén o maravilloso libro Ardalén e a curtametraxe De Profundis.

 

Tamén solicitamos recomendacións dos membros do club de lectura para a próxima compra de exemplares antes de Nadal.

 










Ningún comentario:

Publicar un comentario