venres, 15 de xuño de 2018

ANUNCIALIBROS


Este venres apareceron unha serie de follas sospeitosas nas escaleiras do IES. Que serán?




Se nos achegamos e lemos...



Son comezos de libros. E é que se achega o verán e si, os libros son para o verán, así que..., por que non aproveitar a recomendación dalguén da miña idade e, de paso, recomendar eu unha lectura que lles poida gustar aos meus compañeiros?
Esperamos que vos sirvan e que vos animedes, alumando, profesorado e todo o persoal do centro e que, ao longo da próxima semana, enchamos estes ocos de boas lecturas coas que acompañar o verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario