venres, 9 de novembro de 2018

A NOSA NOVA BIBLIOTECA


   Un dos obxectivos que tiñamos para este curso era darlle un cambio á biblioteca. Comezamos a pensar en poder mover andeis para que fora un espazo máis aberto, que os libros estiveran máis accesibles e ter máis espazo para poder gozala.


 E MIRADE QUE SORPRESA! Algo que pensabamos que ía para máis tempo, xa o temos conseguido.  Traballamos arreo nos cambios, tanto o profesorado como o alumnado que se ofreceu voluntario para axudarnos. Houbo moito que mover, andeis para aquí, andeis para alá.





   PERO ESTAMOS MOI CONTENTOS E CONTENTAS CO RESULTADO FINAL.





  Sabedes cal é a primeira consecuencia destes cambios? A biblioteca está abarrotada durante os recreos. Aos rapaces e rapazas estalles a resultar un sitio moi agradable ao que poden vir ler, traballar ou estudar, debuxar, facer puzzles, xogar.... 





ÉNCHENOS DE ORGULLO TER UNHA BIBLIOTECA AO GUSTO DE TODOS E TODAS. 




     

Ningún comentario:

Publicar un comentario