luns, 3 de decembro de 2018

25 NOVEMBRO



O día 25 de novembro celébrase o día internacional da non violencia contra a muller, e desde a biblioteca quixemos facer un pequeno acto simbólico no recreo do luns día 28 para que o alumnado o conmemorase.

Queriamos darlle un punto de vista positivo e de esperanza e por iso eliximos a  canción de Rozalén  "La puerta violeta", que representamos como podedes ver nas imaxes.

Nos globos violetas o alumnado escribiu mensaxes positivos e nos negros describiron a parte negativa da violencia e foron estoupados ao final da canción. 






























Ningún comentario:

Publicar un comentario